Dentro do proxecto do porto no que estamos mergullados este ano, os nenos aproveitaron varios vídeos que circulaban por Youtube para darlle "nova vida": crearon uns pequenos guións que explicaran as distintas especies animais e vexetais que viven na nosa ría, axeitárono aos tempos dos vídeos, buscaron músicas de fondo Creative Commons, grabaron os guións na radio e por último no momento da edición mesturaron todo con AVS Video Editor. O resultado son estas curtas que representan un principio no traballo coa linguaxe cinematográfica.
"O mundo do mar" foi resultado da investigación que os alumnos de 5º levaron a cabo dentro do Proxecto do Porto, para entender mellor a realidade mariñeira dos nosos portos.
Algún alumno houbo que máis aló da súa presentación sobre o mundo do mar levou a cabo tamén un video contándonos de viva voz dende a súa casa, todo o que descubrira dun mundo, ao mesmo tempo tan cercano e tan afastado de nós.