Esta pasada semana estivo chea de actividades: celebramos o Día de Rosalía, convidados polo Concello de Carral, que ademais conmemora os 25 anos do Concurso de Poesía Concello de Carral. Plantamos unhas cerdeiras lendo poemas de Rosalía, coa asociación Brexa, Custodia do Territorio, e despois de dous anos sen poder facelo, retomamos un Festival do Entroido en exterior, dedicado ao século XIX.
O luns 21 o alumnado de 3º da ESO reviviu a vida de Rosalía da man deste dúo dramático.
Parabéns ao alumnado do Clun da Lingua que organizou todo; á profesora María José Miranda e a Marcos que se ocuparon do son, e a todos e todas os que botaron unha man e, por suposto, a todos os que se disfrazaron...(Aínda que pensamos que polos difraces, algúns confundiron o século)
1ºA
1ºB
1ºC
2ºA
2ºB
2ºC
3ºA
3ºAB
3ºB
4ºA
4ºB
Eladio- Negra Sombra