Andrea Barreiro
Mencía Candal
Carlos Fernández
Maica Campelo
Verdade ou lenda, alí onde o río dos Gafos se nomea río da Estación, en Figueirido, concello de Vilaboa (Pontevedra), acostuma escaravellar un trasno rebuldeiro, o demo asubiador. O tal perello ten por ocupación escoller no aninovo o parvo da aldea, un parvo por ano. O demo inviste o seu lecer, que é moito, asubiando no ouvido do escolleito. A vítima pasa o ano escoitando campás e sen saber onde. Cumprido o prazo, o mítico pillabán afánase na elección doutro coitado, e, segundo din, isto leva acontecendo dende que as orellas penduran da cachola. [Texto remitido por Calros Solla. Informante: Pedro Aboi Santos, 65 anos]
Demo asubiador. Mitos, lendas e contos galegos (galiciaencantada.com)
Debuxo de Carlos Fernández
Coco para asustar oss cativos: Cando era no tempo do millo, cando se andaba no medio do millo, dicían: -A onde ides, que vén o Rachador e lévavos! Cóntano por San Martiño de Vilaboa e en Salcedo. [Tomado de Fol de veleno, da autoría de José Angel Rosales. Referencia do concello de Vilaboa (Pontevedra)] Segundo testemuñan os naturais, no mesto milleiral dos Redondelos (Salcedo), na ribeira do río dos Gafos, embosca o Rachador, sanguento asasino. O inclemente Rachador escolle por vítimas as mulleres que, sen compaña, vadían imprudentes polos arredores. O Rachador viola e mata sen dó. Ignórase a identidade ou natureza do desapiadado agresor, descoñécese o seu paradoiro, así como a maneira de pór fin ás súas atrocidades. [Tomado de C. Solla: Mitoloxía do río dos Gafos]
O Rachador. Mitos, lendas e contos galegos (galiciaencantada.com)
Debuxo de Pablo Calviño
Toma moitas figuras, preferentemente a de can negro que sae do mar arrastrando cadeas. Anuncia a morte alí onde se ve.
Dúas ducias de cocos: Urco. Mitos, lendas e contos galegos (galiciaencantada.com)
Mencía Candal
Iván Cayazzo
Héctor Lens
Bianca Caamaño
Damián Palla, 1ºD
Damián Palla, 1ºD