Despois de participar no programa oficial o curso pasado e dado que moito do alumnado nos pediu repetir a experiencia, acordamos intentar repetila. Este ano iremos da man co Concello de Carral, o CEIP Vicente Otero Valcárcel e o CEIP de Tabeaio. Os 21 días irán desde o 19 de marzo ao 8 de abril. Pero lembrade que son 21 días e máis e que a lingua só se gasta se non a usamos!!!
Como as que nos propón o Equipo da Biblioteca "Pasando Páxina" no seguinte vídeo. Porque lembrade que falamos de 21 días co galego e máis...
Tédelas todas para facer e ver con tranquilidade no seguinte arquivo
A festa no noso centro será pola mañá, con numerosas actividades...
DESDE AS 19:30 AS RAPAZAS DE 2º DA ESO VAN INTENTAR SUMAR MÁIS E MÁIS XENTE A BAILAR O TEMA "TERRA" DE TANXUGUEIRAS. NO CAMPO DA FEIRA. SE AÍNDA NON SABES OS PASOS, PODES MIRAR ESTE VÍDEO OU APRENDER DELAS NO MESMO CAMPO DA FEIRA.
E, ademais, poderás ver as curtas de Xosé Zapata, Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación e desfrutar da música do grupo ITH. Animádevos a vir!
Podedes descargar o xogo, ver as preguntas, o taboleiro.... na seguinte ligazón https://carral-pan-comido.tumblr.com/
Os xogos de mesa son unha boa escusa para practicarmos a nosa lingua. Aínda que non hai demasiados, xa non é tan difícil atoparmos xogos de mesa en galego, cos que pasarmos unha boa tarde en compañía dos amigos ou da familia.
Tamén hai webs que proporcionan a posibilidade de xogarmos online: o Trivial GZ, o Catapalabras...
A literatura galega infantil e xuvenil goza dunha extraordinaria saúde. Poderiamos destacar numerosas autoras, editoriais, coleccións ou títulos.
Na web de GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil tedes moita información.
Cada vez temos tamén máis traducións ao galego, como as dos libros de Pippi Mediaslongas
Este clásico da literatura acaba de comezar a súa emisión na CRTVG
O 2 de abril de 1846 produciuse o levantamento militar que remataría co fusilamento dos coñecidos como "´Mártires de Carral" na nosa vila. Quedaron para a historia como símbolo do inicio do galeguismo e temos na nosa vila un monumento que os recorda, levantado por suscrición popular e por iniciativa de boa parte dos homes e mulleres que uns aniños despois fundarían a Real Academia Galega da Lingua. É o primeiro monumento moderno, que coñezamos, que ten a súa inscrición en galego.
Tamén podedes ver o vídeo do programa da TVG "Anacos de vida" que rememora o tema dos Mártires e o intercambio que facemos co IES de Cacheiras.
O programa enteiro pódelo ver na seguinte ligazón: www.crtvg.es/tvg/a-carta/carral-4211249
E agora presentamos un vídeo que nos propuxeron uns rapaces de 3º da ESO que atoparon na rede en relación co galego e os prexuízos que hai sobre o idioma.
a) Despois de ver o vídeo, copia as preguntas e realiza a mesma entrevista a varias persoas pola rúa en Carral.
b) Sinala unha razón para falares en galego. Cantas diferentes seremos quen de acadar? E para falares en castelán, necesitas razóns?
Onte, 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro. Hai moito que non vas ao teatro? En galego temos grandes compañías teatrais como Chévere, Talía Teatro ou mesmo o Centro Dramático Galego. Igualmente, hai importantes festivais como o Festival de Outono de Carballo ou o de Ribadavia. A seguir ofrecémosche unha das obras máis exitosas, a do grupo Chévere, "Eroski Paraíso", que mesmo se chegou a converter en película.
Por certo, en Carral tamén houbo Salas de Festas e Discotecas. Que tal se preguntades na casa e nos contades algunha historia que pasara relacionada con elas?
O reto desta fin de semana consiste en que dobredes ao galego un pequeno vídeo. Para iso podedes empregar múltiples programas, aplicacións. Aquí ímosvos propoñer algunha e darvos algúns exemplos.
MadLipz é unha aplicación que che ofrece vídeos moi breves e que podes dobrar simplemente premendo sobre o micro.
Un exemplo de web na que dobraron numerosos vídeos foi a dos Píchel Brothers
No CPI Vicente Otero xa practicaramos algo a dobraxe de vídeos...
Ola amigas e amigos. Tedes dúbidas en Mates, Física e Química, Ciencias...? Ao mellor a solución tela en "Proxector", unha web con centos de vídeos didácticos en galego sobre todas as materias. E que ademais poden ser prácticos na vida diaria... Coñeces o teorema da pizza?
Hai outras webs e programas interesantes sobre ciencias, e adaptados a todos os públicos. Por exemplo, Toupiciencia...
Este vídeo vai arredor do uso do galego na Coruña. Que prexuízos temos para usar ou non o galego?
O Grupo de baile tradicional O Rueiro de Tabeaio dávos ánimos para participardes nos 21 días co galego e máis... desde Carral
Este ano a participación das Tanxugueiras no Benidorm Fest supuxo un auxe para a música tradicional galega. O día 8 de abril na festa final dos 21 días co galego... desde Carral faremos un flashmob con Terra de Tanxugueiras. Para iso poderedes ensaiar ao final de cada recreo con Iria (na zona das actividades dos 21 días). A seguir, podedes ver un vídeo de seluco Fernández dando unha masterclass na cidade de Cracovia (Polonia)
Deixámosvos a información sobre o panorama musical galego que aparece no blog oficial dos "21 días co galego e máis"
O 21 de marzo é o Día da Poesía. Carral é un Concello que ten moita relación coa poesía galega actual, pois ten o premio de poesía en galego con máis sona de Galicia. E este ano cúmprese a súa 25ª edición.
Precisamente, o Técnico de Cultura do Concello, Carlos Lorenzo, é autor dun documental titulado "Vertice de versos" sobra a poesía galega actual. Na web do documental podemos ver entrevistas, información, videopoemas de diferentes autoras e autores: Vértice de versos – Web do documental Vértice de Versos (carloslorenzo.gal)
O próximo martes podedes participar nun concurso sobre preguntas de deporte ou deportistas galegas e galegos. Esta actividade está proposta por alumnado de 3ºA. Pero, sabedes moito sobre o deporte galego? Temos publicacións en galego sobre deportes?
Programas sobre deporte galego:
Publicacións en galego sobre deportes:
Revista O Dez, revista de fútbol.
Webs sobre deportes
Dirixido a alumnado, familias, profesorado, a quen queira...
O reto 1 consiste en contar un conto, unha historia... pode ser individual, en parella, en grupo... O noso reto é conseguirmos 21 contos. A continuación ímosvos poñer exemplos variados do que podedes facer.
Celso Fernández Sanmartín, "Viaxe á Coruña", web da AELG, Polafías
Exemplo 2. Nenos e nenas da ESO do conto "Eu non fun!" de CHRISTIAN VOLTZ
Non ten por que saír a túa imaxe no vídeo
Podes gravar a un familiar contando
Se queres atopar contos podes consultar as seguintes webs:
Se o arquivo pesa moito podes envialo poñendo unha ligazón a onde o teñas subido ou pola aplicación Wetransfer
Hoxe comezamos con unha preinauguración dos "21 días co galego e máis... desde Carral". Tivemos unha inauguración online por webex co CEIP Vicente Otero Valcárcel, o CEIP de Tabeaio e o Concello de Carral. Ademais, recibimos a visita do grupo de música tradicional Arnela, que foi polos 3 centros educativos e da que vos poñemos a ligazón ás imaxes das redes sociais do Concello de Carral e a un vídeo co coro de profesorado e alumnado do IES de Carral.
Parabéns a Lucía Fuentes polo debuxo gañador!!!
XA PODEDES INSCRIBIRVOS NAS ACTIVIDADES DA PRIMEIRA SEMANA