SEMANA DE ROSALÍA + ENTROIDO

Esta pasada semana estivo chea de actividades: celebramos o Día de Rosalía, convidados polo Concello de Carral, que ademais conmemora os 25 anos do Concurso de Poesía Concello de Carral. Plantamos unhas cerdeiras lendo poemas de Rosalía, coa asociación Brexa, Custodia do Territorio, e despois de dous anos sen poder facelo, retomamos un Festival do Entroido en exterior, dedicado ao século XIX.

O CONCELLO DE CARRAL CONVÍDANOS A REMEMORAR A OBRA E A FIGURA DE ROSALÍA

Producións dispersas

O luns 21 o alumnado de 3º da ESO reviviu a vida de Rosalía da man deste dúo dramático.

Lendo poemas de Rosalía na Rúa Rosalía de Castro do Concello de Carral

Representando a Fundación Rosalía, Xosé Luis Axeitos, membro tamén da Real Academia Galega

Alumnado do CEIP Vicente Otero e do IES de Carral procedeu a ler varios poemas da autora.

En colaboración co Departamento de Bioloxía e o EDLG, a Organización Brexa Custodia do Territorio convidou o alumnado a plantar unhas cerdeiras

E REMATAMOS CO FESTIVAL DO ENTROIDO DEDICADO AO SÉCULO XIX

Parabéns ao alumnado do Clun da Lingua que organizou todo; á profesora María José Miranda e a Marcos que se ocuparon do son, e a todos e todas os que botaron unha man e, por suposto, a todos os que se disfrazaron...(Aínda que pensamos que polos difraces, algúns confundiron o século)

1ºA

1ºB

1ºC

2ºA

2ºB

2ºC

3ºA

3ºAB

3ºB

4ºA

4ºB

Eladio- Negra Sombra

Imaxes do entroido 2022 no IES de Carral