Apadriñamento 21/22:
Apadriñamento 21/22:
Cantares do Brión.
Cantares do Brión.
Nas primeiras xuntanzas que o claustro de mestras e mestres do CEIP Carlos Casares tivemos para organizar o curso 2021/2022 decidimos facer unha invitación formal ao coro Cantares do Brión de Vincios para apadriñar a aula de música do noso cole. A predisposición da directiva, compoñentes e do seu director, Pablo Rial, foron magníficas dende o primeiro momento no que foron coñecedores da proposta.Para axudarlles a tomar unha decisión explicámoslles nunha carta o que supuña o proxecto de apadriñamento de aulas que comezou alo polo curso 2013-2014 a proposta do equipo de normalización da lingua galega co humilde obxectivo de: “Achegar a cultura literaria en lingua galega aos nenos e nenas partindo do estudo das persoas que interveñen nela”.A condición é que os padriños e madriñas sexan contemporáneos ao noso alumnado, persoas as que poidan coñecer e identificar coa súa obra, persoas da pé que toman o seu tempo na escrita en galego. Certo é que o voso cometido non é o de escribir, máis a vosa paixón ten toda a forza que precisamos no noso obxectivo, conxugando música, voz e un fermoso repertorio tradicional.
Este espazo virtual será empregado a modo de resumo da actividade anual de Apadriñamento que no CEIP Carlos Casares de Nigrán se desenvolve como proxecto no curso 2021/2022. Tamén será de utilidade como ferramenta de desenvolvemento do mesmo para o profesorado.
Dia da Non violencia e da Paz. (30 de Xaneiro de 2022). "Nao quero nao"
Obradoiro de Carautas ENTROIDO 22 (1 de febreiro con Nardo).
Día de Rosalia 2022 (23 de Febreiro) "Has de Cantar"
8 M "Día da muller". Pioneiras na música tradicional galega.
CONCERTO 4 DE XUÑO DE 2022. (Cantares do Brión, Coro alumnado CEIP Carlos Casares de Vilariño e @s Distinghid@s da Foz)