Cantamos panxoliñas no Nadal

O mes de decembro está fondamente marcado na nosa cultura musical pola celebración do Nadal. Por esta razón, na clase de música coñecemos diferentes aspectos da nosa tradición coa axuda dun traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos: "O quiquiriquí" .


BUSCANDO UNHA ESTRELA

(Tino Baz-O Quiquiriquí)


Os pitiños,

buscaban unha estrela

e cando a atoparon

bailaron con ela.

(bis)


Lai la ra lai la ra la,

a quen queres ti alumear?

Ó neno que xa naceu

nesta noite de Nadal.

(bis)


Os gatiños,

buscaban unha estrela

e cando a atoparon

bailaron con ela

(bis)


(retrouso)


Os peixiños,

Buscaban unha estrela

e cando a atoparon

Bailaron con ela

(bis)


(retrouso)