Obradoiro de Carautas con Nardo

O martes día 1 de Febreiro tivemos a sorte de coñecer e compartir con Nardo unha xornada de aprendizaxe moi interesante. Este membro do coro Cantares do Brión aportounos os seus coñecementos e habilidades no manexo e elaboración de carautas con papel e cartón desenvoltas en máis de trinta anos como mestre e participante activo en diferentes asociacións pedagóxicas e culturais .

1-. Colocamos un gorro na cabeza do/a modelo

2-. Colocamos papel de xornal (2 ou 3)

3-. Axustámolo na cabeza do/a modelo o máis posible

4-. Colocamos cinta de carroceiro tentando axustar.

4-. Colocamos elementos que complementen a carouta.

5-. Pegámolos coa cinta de carroceiro e marcamos os ollos.

6-. Cubrimos toda a carauta coa cinta de embalaxe (Mellor que non sexa transparente)

7-. Colocamos tiras de papel pegados coa cola, retirando ben o adhesivo sobrante.