8 M "Dia da muller".

Pioneiras na música tradicional

Áurea Rodríguez foi a primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle.

A historia de Áurea está incluída no Itinerario histórico-musical de Celanova, un disco-libro que trata os principais fitos culturais da comarca ourensá e que acaba de editar Ouvirmos.

Entre os artistas máis coñecidos da comarca estiveron Os Maravillas de Cartelle. Que o grupo fora dirixido por unha muller era asombroso para a época, pero non foi menos sorprendente que nos anos vinte lograse tal triunfo nas súas actuacións en Madrid que Áurea foi designada pola prensa capitalina como a «raíña da gaita galega». Os Maravillas viaxaron a Arxentina en 1929 para actuar, e as poucas informacións que existen parecen indicar que Áurea non regresou do outro lado do charco.

Liana Sharifian é a primeira muller gaiteira de Irán, país no que teñen a súa propia gaita, a Ney-anban, instrumento milenario que agora conecta aquel país coa tradición musical galega. Porque Liana estivo en Ourense aprendendo a gaita galega baixo a tutela do mestre Xosé Lois Foxo, fundador da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Paso a paso Leandro Lamas 8_M.pdf

Leandro Lamas colaborou co CEIP Carlos Casares na celebración desta data tan significativa, enviándonos un dos seus debuxos cos pasos a realizar para a súa elaboración.

Como non podía ser doutro xeito é unha muller gaiteira que ben podería ser membro de Cantares do Brión.

Grazas padriño Leandriño!!

Conmemoración do día da muller 2022. "Pioneiras na música tradicional".

Ilustración: "Paso a paso" de Leandro Lamas. Música: "Acordeireta" Poema: "Loitar Cantando" de Luz Fandiño.