Un módulo de construción a escala real
No curso 2017/18 nace o Club de Ciencia da Cachada cun proxecto sobre a Bioconstrución. Trátase dun traballo STEM no analizamos as vivendas convencionais en relación á nosa saúde e investigamos sobre a bioconstrución para finalmente elaborar un prototipo: a Casiña dos Maios. Traballamos nela ó longo de todo o curso 2017/18 da man do construtor Guido Tomasini (ver charla).
Á casa engadimos posteriormente un espazo para sementeiro e un pequeno invernadoiro (ver fotos da construción). Na actualidade, empregamos o noso prototipo de vivenda para analizar as condicións de salubridade e habitabilidade das edificacións feitas con técnicas de bioconstrución, medindo diariamente a Temperatura e Humidade e comparándoas coas do instituto.