ÚLTIMAS CREACIÓNS

TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

ACTIVIDADESDÍADOLIBRO2021.mp4

Outro marabilloso traballo de todo o alumnado, cunhas aportacións excelentes, para que o equipo de biblioteca elabore esta pequena representación gráfica.


Parabéns a todos/as, e a esperar polo seguinte reto

Día da Ilustración

Todo isto é o resultado da aportación do alumnado ao 2º reto proposto dende a nosa Biblioteca Escolar.

"O VENTO SOPROU"

Basándonos no conto “Leaf Man”, elaboramos o seguinte vídeo, con todas as vosas fotografías e coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Ellyse

POEMAS DENDE AS NOSAS CASAS

A distancia une. Ou así pensan os nosos alumnos, que dende a soidade do confinamento puideron elaborar esta preciosa poesía ilustrada que presentamos neste vídeo.


O MEU LIBRO PREFERIDO

Un libro é un soño que tes nas túas mans. O noso alumnado quere facervos partícipes dos seus soños decindo cal é o seu libro preferido. Esperamos que disfrutedes con este video feito con moito agarimo.

libro_0.mp4
MONSTRO ROSA_0.mp4

"MONSTRO ROSA" de Olga Dios

Monstro rosa é moi querido polo noso alumnado de Infantil, esperta neles unha chea de sentimentos: agarimo, ledicia, pena, amor...

Neste vídeo podedes ver as fantásticas versións deste gran monstro....


Moitos bicos de Leolea!