2º Reto

Ola de novo, nenos e nenas de Tenorio:

Estades feitos uns pequenos artistas; emocionoume ver a cantidade de traballiños que me fixestes chegar no primeiro reto.

Como agasallo, prepareivos unha presentación que vos deixo no apartado da biblioteca da web do voso cole . Agardo que a disfrutedes!

Aproveito tamén para presentarvos un NOVO RETO


Gustaríame que enviásedes unha FRASE DE CONTO que vos guste especialmente por parecervos interesante, divertida, chea de lembranzas, ...

A modo de exemplo déixovos aquí a miña .

  • - FRASE: O pasado pode doer, pero tal como eu o vexo, podes fuxir del ou aprender”

  • - LIBRO: O rei león.

  • - AUTOR: Linda Woolveerton, Irene Mecchi e Jonathan Roberts

  • - POR QUE É UNHA DAS MIÑAS FAVORITAS?: Porque sempre meus pais me explicaban o importante de ser forte de non fuxir dos problemas (sobre todo os dos profes de mates) e aprender dos meus erros. Así acadei pouco a pouco vencer os meus medos. Agora son un dos animais máis fortes e valentes!

- IMAXE DO CONTO:

Un forte ruxido para todos vós, GRRRRRRR!