4º reto

Desta vez pídovos a colaboración das vosas familias.

O centro está a participar en varios Programas de Innovación Educativa, e a través da liña dun deles queremos resaltar a importancia que tivo a Muller na evolución das nosas vidas, sacrificando moitas das súas posibilidades polo ben do seu entorno familiar. Moitas deixaron os estudos, outras xa nin poideron acceder aos mesmos; levaron o peso das casas, dos labores agrícolas, e polo tanto non foron protagonistas dunha vida moi sinxela.

Dende o cole queremos resaltar esa figura tan importante, e para iso precisamos da vosa axuda. --Teremos que cubrir unha ENQUISA na Aula Virtual.

- Recolleremos fotografías das nosas Bisavoas, Tataravoas, Avoas, traballando no campo, na casa, ou situación semellante. Teñen que ser FOTOS ANTIGAS.

*Tamén queremos que fagades de directores de cine e investigadores, gravando un VÍDEO preguntándolle cousiñas do seu pasado.

Moitas desas imaxes e vídeos permitiranos facer moitos materiais para o desenvolvemento do noso proxecto (crear un calendario, elaborar un documental, etc)

As/os titoras/es teñen moita información sobre o que desexamos, non dubides en preguntarlle.