O Proxecto

Desenvolvemento

Poderase traballar calqueira tema relacionado con descubrimentos (xeográficos, históricos, científicos) e inventos. Algúns exemplos: “Do papiro ao libro electrónico”, “Da pluma ao ordenador”, “Do ábaco á calculadora”, “Do fonógrafo ao CD”, “Ciencia vs. relixión”, “Mulleres inventoras/descubridoras”, “Inventos de uso cotián: bolígrafo, teléfono,...”. Tamén, se ofrece a posibilidade de que sexa o propio grupo/clase o encargado de crear os seus propios inventos.

É importante que o tema que se elixa estea relacionado cos contidos curriculares do nivel en que se traballe para acadar un mellor aproveitamento educativo.

O obxectivo do PDI é desenvolver as habilidades e destrezas do alumnado no campo da Alfabetización Informacional, que lle axuden a acadar as competencias clave, utilizando a biblioteca escolar como fonte de recursos e como espazo no que desenvolver estes proxectos.