Primeiro trimestre
- Elaboración das liñas básicas do Proxecto.
- Presentación deste documento na CCP e Consello Escolar.
- Información ás familias na primeira reunión coas titorías mediante a entrega dun boletín informativo da biblioteca.
- Información ao alumnado de 1º ESO e Ciclo formativo na Formación de usuarios e usuarias.
- Confección e exposición de crebacabezas con inventos, elaborados polo alumnado de 1º ESO.
- Entrega do calendario aos departamentos coas datas de reserva da biblioteca para desenvolver o PDI.
- Inicio da elaboración dos proxectos.
- Exposición de inventos de uso cotián.
- Inicio do concurso “Descubre ás mulleres”.
- Visita ao Centro Saiar no que o alumnado participará nun obradoiro de cestería e encuadernación.
Segundo trimestre
- Presentación nunha CCP, por parte dos xefes e xefas de departamento, dos proxectos previamente acordados en reunión, para traballar ao longo do curso. Incluirase o título do proxecto e os niveis e grupos aos que está dirixido. Entregarase unha copia con esta información á coordinadora da biblioteca.
- Desenvolvemento do PDI polos Departamentos.
- Creación dun blog para aloxar toda a documentación e todas as actividades relacionadas co proxecto.
- Encontro cun investigador ou investigadora (alumnado de 1º Bac.)
- Concurso destinado ao alumnado, DescuBinventos.
- Posta en marcha de diferentes actividades na biblioteca que permitan ao alumnado descubrir diferentes formas de creación artística.
Terceiro trimestre
- Remate do PDI polos Departamentos.
- Valoración, a cargo do equipo da biblioteca, dos proxectos expostos ao longo do curso e publicación, no blog e nos taboleiros, das clases ou grupos gañadores no concurso “Descubre a imaxinación”. Haberá un premio en cada unha destas categorías:
- Mellor proxecto mural plástico
- Mellor proxecto en soporte dixital: páxina web, vídeo.
- Mellor maqueta