Só pasaredes esta dura proba se traballades en equipo e se sodes creativos e creativas
Mirade o seguinte vídeo e prestade moita atención.
Unha vez rematado o vídeo, xuntádevos en grupos de catro persoas cada un.
Comeza a proba final, comeza a vosa misión: observar!
A partir de agora, tedes que estar moi atentos e atentas aos micromachismos que se producen na vosa contorna. Ademais, debedes tomar nota de cada un deles.
Unha vez realizadas as pescudas, poñerédelas en común co voso grupo e decidiredes a maneira de presentárllelas ao resto da clase: creando un mural, representando unha escena teatral, escribindo unha historia, facendo debuxos... vós decidides!
O grupo que nos aporte máis exemplos e que nos saiba transmitir mellor o vivido, será o gañador!!