Con esta proposta pretendemos que os nosos alumnos e alumnas coñezan a realidade das mulleres de onte e hoxe aproveitando que estamos ás portas do 8M.
Partiremos dunha revisión de carácter histórico centrándonos en dous piares fundamentais: Simone de Beauvoir e Rosalía de Castro, para despois achegarnos aos nosos días coa lectura da noticia "Nin un paso atrás!" publicada no xornal La Voz de Galicia en xaneiro de 2019.
Os nosos alumnos e alumnas deberán empregar todo o material colgado nesta plataforma, na sección "recursos", para resolver as cuestións que figuran na sección "preguntas" e para poder chegar así á meta, á "proba final".