Foi a unión de moitas mulleres no mundo a que conseguiu grandes vitorias para todas NÓS. Mulleres que participaron na Segunda República, que loitaron na Guerra Civil, que combateron o colonialismo e que formaron parte da loita antiimperialista. Con todo, aínda queda moito por facer... mais NÓS seguiremos loitando ata acadar o mundo que queremos!