Ao son da radio escolar

Nos seus máis de 100 anos de historia, a radio sempre foi considerada un dos medios máis democráticos, debido á súa fácil accesibilidade, inmediatez e ao baixo orzamento necesario para poñela en marcha. Son vantaxes que facilitan que tamén se poida converter nun excelente recurso para traballar co alumnado diferentes habilidades e coñecementos.

A radio escolar é unha ferramenta educativa democrática que cada vez está máis presente nos centros educativos.

Así pois, propoñemos esta modesta unidade didáctica para seguir un proceso de elaboración conxunto de cara a facer unha serie de entrevistas a artistas que conformen un repositorio común. Desde facer a primeira toma de contacto ate subir o Podcast ás redes e darlle difusión.

Aquí tendes un exemplo dunha entrevista realizada polo alumnado do IES do Milladoiro a Guadi Galego.

Coa chegada da radio dixital estas posibilidades multiplícanse facendo aínda máis accesible tanto a publicación de contidos como a súa escoita. Cun pequeno equipo de micrófonos, tarxeta de son e PC as nosas aulas poden converterse nun estudo de radio. Queres saber como?

En breve poderás atopar nesta sección os
contidos de Ao Son da Nosa Radio para guionizar, producir, gravar e difundir os programas #aoSDNM con entrevistas e música das creadoras galegas do momento.

Para aquelas persoas que precisen comezar de cero non hai problema, aquí partillamos estes maravillosos vídeos didácticos elaborados por Cristina Corral Soilán e Javier Prado Espiñeira.

Rede Espora
espora.eu

Deixamos tamén aquí este vídeo de Podgalego onde nos introducen no mundo do podcast: materiais e consellos. Que PC, tarxeta ou mesa de son, micrófonos e auriculares precisamos?

Aquí tendes tamén o obradoiro "Fagamos unha radio" impartido pola xornalista Manuela Iglesias en Radio Liverdade.