Ao son dos encontros dialóxicos

Un repositorio audiovisual de encontros dialóxicos entre as nosas creadoras e os centros educativos.

Un
achegamento aos pensamentos das artistas sobre as súas experiencias vitais e a situación actual da música galega.

Queremos coñecer que opina o sector da música galega sobre os hábitos de consumo musical da mocidade galega, a música que escoitaban cando eran crianzas e como establecen vínculos coa súa comunidade de seguidoras. Unha chamada á colaboración e a complicidade para tecer pontes e crear vínculos de colaboración entre os procesos creativos dentro e fóra das nosas aulas.

Conversamos con
Belém Tajes, Chicho (Ortiga, Boyanka Kostova...), Guadi Galego, Laura Romero (músicas galegas ilustradas, Zenzar...), Mou (DKTC), Nuno (Grande Amore), SÉS, Verto, Xabier Díaz, Xiana Lastra (A Banda da Loba), Ico (O Sonoro Maxín), Mounqup, Baiuca, Uxía, Tanxugueiras, García MC...