XUNTANZA DA ANPA DO CEIP NUMERO 1 DE FOZ
Venres 11 de setembro de 2020
Temas tratados segundo a orde do día:
1. Fíxose un resumo das actividades e xestións feitas no curso, do cal o mais salientable é:
- A execución do Proxecto de igualdade do ano pasado, lamentablemente hai que decir que no balance económico da ANPA resultou deficitario, dado que tivemos que aportar da conta da ANPA para declarcións en facenda, e a nivel de actividades tiveron boa acollida entre profesorado e alumnado (ainda que as mestras valoraron mais as gratuitas).
- Puxemos en marcha enquisas de satisfación cos usuarios do comedor, pero todo quedou parado co confinamento, pero sería bo retomalo con impulso e loitar por un comedor de mellor calidade.
2. Para o curso 2019/2020 volveuse a pedir a subvención de igualdade e deronnos o que solicitamos (2.080€), dado que fixemos a solicitude en función das actividades que tíñamos programadas.
3. Actualmente na conta quedan pouco mais de 100€
4. Acábase de entregar a xustificación dunha subvención da Diputación do 2019 e é probable que nos ingrasen antes de finalizar o ano uns 600 €.
5. Temos pendente de executar en setembro a subvención de Voz Natura do curso pasado para a compra de contenedores de reciclaxe
6. Está concedida la subvención de Voz Natura para este curso. Non se puede executar hasta o vindeiro ano e nela xa solicitamos as actividades: transporte para limpieza do Río Ouro e semilleiros para o invernadoiro.
7. A presidenta presenta a súa renuncia polo que se no plazo de duas semanas non aparece ninguén que asuma a presidencia terá que ser alguén da actual directiva a que asuma ditas funcións senon perderíanse todas as subvencións.
8. En xeral as asistentes e os asistentes valoran positivamente o traballo da dirección do centro con respecto ao protocolo COVID e é por iso que este ano se precisa dun ANPA forte para estar ao lado da dirección apoiando se fósemos necesarios e aportando todo o que vexamos as nais/pais como necesario.
9. Valorouse a posibilidade de que a nova directiva solicitase ao concello mascarillas ou que as mercase a ANPA e servisen como financiamento. Esto ainda todo por decidir