Formulario de inscrición.
Plans dispoñibles para todas as idades (dende 3 anos).
Imprescindible ser socio do ANPA, tendo cuberto o formulario de inscrición de socios 2025-2026
A tarifa "con irmáns" refírese só a irmáns que asisten ao propio Plan, e aplícase á totalidade destes.
En caso de irmáns, deberá enviar un formulario por cada alumno.
PLAN MEDIODÍA -> Dende a saída do comedor ata a chegada do autobús ou ata as 16h. No pavillón.
PLAN MADRUGA -> Na aula de cociña do centro cultural do CPI de 8h a 9h (valorararíase entrada ás 7:45 segundo demanda).
Os alumnos de EEI As Dunas disporían dun servizo de autobús para levalos ao cole (a confirmar).
O almorzo será aportado polas familias.
A pesar dos intentos de garantir a permanencia do servizo, para a viabilidade económica da prestación do plan madruga, coas tarifas vixentes sería preciso un mínimo de aproximadamente catro alumnos mensuais continuados. Cun número menor de inscritos non se podería iniciar, ou debería suspenderse. Se existisen familias igualmente interesadas no servizo a pesar de non chegarse ao número mínimo de alumnos, excepcionalmente poderíase valorar consensuar unha cota extraordinaria que posibilitase a prestación, en tanto non se volva a acadar o número mínimo de inscritos que permita a aplicación das cotas ordinarias establecidas.
Na sección final existe unha casilla para indicar comentarios ou aclaracións sobre a data de comezo en caso de no ser dende o inicio do curso e cuestións similares.
Tras enviar o formulario recibirá mais información sobre a forma de pago. (En principio por Tokapp segundo se indique).
Dúbidas -> anpapanxon@gmail.com
Estes plans requiren de inscrición adicional a través de Tokapp con código de centro PANXON24 (manual de usuario)