É a nova vía para:
Recibir os avisos que se viñan reenviando por grupos de cada clase.
Acceso aos grupos de cada actividade extraescolar
Instrucións:
Únete a través desta ligazón (se deixa de funcionar a ligazón avisa por correo anpapanxon@gmail.com para que a actualicemos)
No grupo de "avisos", que é o principal, recibiranse só os avisos mais importantes, e as mensaxes novas serán emitidas unicamente por parte do administrador, asegurando un número moi limitado de mensaxes, reducindo as distracións. Non se pode interactuar entre os membros.
No grupo de "avisos", o resto de membros non poden ver os vosos números de teléfono nin información de contacto excepto que xa os teñades gardados como contactos, ou se compartira previamente un chat ou grupo con estes. De forma que se respecte a privacidade.
Opcionalmente pódese tamén unir a calquera dos grupos de actividades extraescolares. Nestes grupos si é posible interactuar entre os membros. Importante estar unido para estar ao tanto da actualidade da actividade, avisos dos monitores, etc. Nestes grupos si se visualizan os números de teléfono e información habitual polo resto.
Os "grupos de clase" habituais, non se ven afectados, quedan fora da comunidade. A única variación é que non se reenviarán a estes os avisos polo ANPA.
O acceso á comunidade e aos grupos dentro desta é libre e non se verifica, polo que non compartades información á que non debera poder acceder calquera persoa.
Obxectivos:
Centralízase a información enviada, non dependendo de reenvíos e asegurando que todas as persoas socias reciban a mesma información.
Xa non é preciso pertencer a un grupo de clase (con maior volume de mensaxes) para recibir a información do ANPA.