->> Formulario para a solicitude do banco de libros 2024-2025
Por favor, tal como nos indican dende o CPI, para unha correcta coordinación e evitar duplicidades, ante calquera dúbida CONFIRMEN ANTES CO FONDO DE LIBROS DO CPI/XUNTA que libros son os que teñen que solicitar ao Banco de Libros do ANPA
--> Enlace: NORMATIVA REGULADORA DO BANCO DE LIBROS DO ANPA CPI ARQUITECTO PALACIOS E EEI DUNAS DE PANXÓN
Os elementos a destacar son:
Os usuarios deberán ser SOCIOS do ANPA, aboando a cota de 20 euros para o curso. (Alternativamente quen desexe non inscribirse como socio, poderá ser usuario aboando unha matrícula por importe de 20 euros).
ACHEGA económica do usuario de 10 euros por cada libro e curso académico. (Os libros de asignaturas compostos de varios volumes considérase como unha soa achega).
FIANZA de 20 euros por alumno/a e curso académico (independente do número de exemplares prestados) que devolverase no momento da correcta devolución dos libros.
Os libros deben FORRARSE. En xeral serán entregados forrados, debendo o usuario substituir o forro se se deteriora. As ETIQUETAS de catalogación dos fondos e difusión do financiamento deben conservarse.
As anotacións (que deberán ser só en lápis) deberán ser BORRADAS antes da devolución.
Nas normas recóllese detalle do réxime sancionador, en esencia: RESTITUCIÓN do libro ou do seu importe en caso de perda ou deterioro total, e perda da fianza en caso de deterioro leve.
Debe proceder ao seguinte ANTES da recollida dos libros:
Ter cumplimentado o formulario de inscrición como SOCIO/A
Ter realizado a transferencia ingresando a cota correspondente a SOCIO/A do ANPA (20 euros, concepto COTA SOCIO + NOME)
Ter realizado o ingreso da FIANZA (20 euros) mais COTA por préstamo de libros (10 c/u). Por exemplo, para un préstamo de 3 libros ingresaría (20 euros de fianza + 10 euros x 3 libros = 50 euros). Concepto FIANZA + nº de LIBROS. Exemplo "Fianza + 3 libros")
Número de conta para os ingresos ES17 2100 4790 4502 0024 3986
Non serán entregados os libros en tanto non sexa realizado o anterior.
A creación do Banco de Libros do ANPA foi financiada mediante subvención concedida polo Concello de Nigrán no curso 2023-2024.