Consulta aquí as datas chave do curso: festivos, días non lectivos escollidos polo centro e períodos de vacacións. Mantente ao día para organizar a túa conciliación.
Consulta aquí toda a información actualizada sobre o día a día do centro. Nas seguintes seccións poderás revisar os avisos de última hora, os prazos de inscrición e as novidades específicas de cada un dos servizos que xestionamos para as familias.
Folga 16 de xuño na limpeza
Conserxería dos CEIP e pavillóns escolares municipais de Compostela. Hai servizos mínimos e as actividades extraescolares pola tarde están suspendidas.
Axudas Concello de Santiago curso 2026 - 2027
Abertas as bolsas de comedor, material escolar e extraescolares. Solicítaas!
Xestionado polo concello
Novo procedemento de inscrición OBRIGATORIO para todo o mundo. Na ligazón está toda a información o.
Solicitude de transporte escolar Curso 2026-2027
Solicitude de transporte escolar deste ano (novos ou cambios).
Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa comunidade educativa. A nosa misión é actuar como ponte entre as familias e o centro escolar, fomentando a participación e colaborando na mellora da calidade do ensino.
Organizamos actividades, xestionamos servizos e representamos os intereses das familias ante o Consello Escolar e outras institucións.
Os obxectivos da ANPA baséanse na defensa dunha educación de calidade e na creación dunha comunidade escolar unida.
Actividades: Organizamos a oferta extraescolar e eventos culturais ou lúdicos durante o curso.
Representación: Defendemos os intereses das familias ante o Consello Escolar e outras institucións.
A nosa meta é clara: defender unha educación pública de calidade e construír unha comunidade escolar unida, onde cada familia teña voz.
Cantos máis sexamos, máis forte será a nosa voz e máis proxectos poderemos levar a cabo. A túa participación é importante!