A ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) é o organismo a través do cal as familias participamos activamente na vida do colexio.
Somos unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade educativa e o benestar dos nosos fillos e fillas.
Todos os pais que son membros fano voluntariamente e sen compensación.
A túa participación é fundamental. Canto maior sexa o número de socios, máis servizos e melloras poderemos acadar para a comunidade educativa.
Presidencia: Marta Abal Rodríguez
Vicepresidencia: Alejandro Pérez Díez
Secretaría: Marian Gago García
Tesourería: Iván Quinteiro González
Vogais: Miguel Rial Blanco
Ángeles Cancela Regueiro
Valeria Paül Carril
Patricia Marín Sánchez
Email: anpamontedospostes@gmail.com
A asociación está composta por nais, pais e titoría legais do alumnado do centro que deciden facerse socios. Unha Xunta Directiva voluntaria xestiona o día a día, pero todos os socios teñen voz e voto nas decisións importantes.
O noso obxectivo é facilitar a vida escolar e ofrecer servizos que o colexio non cobre directamente:
Actividades: Organización de clases extraescolares e obradoiros.
Representación: Defendemos os intereses das familias no Consello Escolar.
Melloras: Colaboramos na compra de material, libros ou melloras nas instalacións.
Eventos: Organizamos festas (Magosto, Nadal) e actividades culturais.
Traballamos de forma transparente e colaborativa:
Cotas de socios: O financiamento principal provén das achegas anuais das familias socias.
Voluntariado: Dedicamos o noso tempo libre para organizar e supervisar os proxectos.
Xestión de axudas: Solicitamos subvencións a organismos públicos (Deputación, FANPA, Concello) para reducir custos.
Diálogo constante: Mantemos reunións periódicas coa dirección do centro para coordinar esforzos.
Dende a ANPA traballamos activamente para denunciar a falta de recursos que sofre o noso centro para atender a diversidade. Non podemos falar de inclusión sen os medios necesarios para levala a cabo.
Recursos insuficientes: Malia ter máis alumnado con discapacidade recoñecida, contamos con menos especialistas (só 1,5 PT e 1 AL).
Ratios irreais: As normas actuais non teñen en conta a diversidade real nin as necesidades específicas (TEA, discapacidade intelectual ou motora, e trastornos do desenvolvemento).
Impacto directo: A falta de horas de apoio sobrecarga o profesorado e prexudica a calidade educativa de todo o alumnado.
Esiximos á Consellería unha dotación de persoal axustada á realidade do noso colexio. A educación pública debe ser inclusiva, digna e de calidade para todos e todas.
Reclamacións constantes: Levamos dende o principio de curso esixindo ante a Consellería de Educación o incremento de profesorado de PT e AL.
Xestión ante as institucións: Denunciamos formalmente que os criterios de dotación de recursos non se axustan á realidade do noso centro.
Preme aquí para descargar os documentos enviados a Consellería de Educacións.
Diálogo co centro: Mantemos un contacto permanente coa dirección para facer seguimento das necesidades non cubertas.
Mobilizacións: Organizamos e participamos en diversas accións reivindicativas para visibilizar a precariedade da atención á diversidade.
Próxima mobilización: Concentración o 23 de marzo ás 9:00 h na entrada da escola.
Non quedes con ningunha dúbida. Este é o teu espazo para preguntar calquera detalle ou expoñer as túas preocupacións de xeito directo
Cantos máis sexamos, máis forte será a nosa voz e máis proxectos poderemos levar a cabo. A túa participación é importante!