O primeiro prazo de matriculación será do 16 de xuño de 2026 ás 09:00 h ao 30 de xuño de 2026 ás 23:59 h.
As familias poden formalizar a inscrición a través da seguinte ligazón:
https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/gl/XyS67c/course_reservations/new
Para participar nas actividades extraescolares é imprescindible cumprir unha destas dúas opcións:
Ser socio/a da ANPA: 20 € por familia e curso.
Pagar unha matrícula anual de 20 €.
No momento de facer a inscrición, deberase indicar se a familia é socia da ANPA ou se quere facerse socia da ANPA, marcando a opción correspondente.
Aquelas familias que non sexan socias da ANPA e non queiran facerse socias deberán aboar a cota de matrícula.
Faste socio/a? Clica aquí
As actividades comezarán o 9 de setembro de 2026 e rematarán o 21 de xuño de 2027.
Actividades de 1 hora semanal — 18 €/mes
Baile moderno
Pandeireta
Xadrez
Pintura
Cociña
Multiobradoiro
Ximnasia rítmica
No Multiobradoiro traballarase cada trimestre un obradoiro diferente: arte, manualidades, pintura, ciencia divertida e cociña.
Actividades de 2 horas semanais — 26,50 €/mes
Inglés
Fútbol
Multideporte
Artes marciais
Patinaxe
Cotas adicionais
Pintura: cota anual de 27,50 € en concepto de materiais.
Cociña: cota trimestral de 17 € en concepto de ingredientes e materiais.
Multiobradoiro: cota anual de 36 € en concepto de materiais e ingredientes.
Condicións xerais de AVANZA
Mínimo de inscritos/as por actividade: 8 participantes.
O pagamento realizarase mediante domiciliación bancaria entre os días 1 e 10 de cada mes.
Para cursar a baixa nunha actividade será necesario comunicalo á empresa por correo electrónico antes do día 20 do mes anterior.
A devolución de recibos supón un recargo de 4 €.
Imparte: A.D. de Baloncesto de Fontiñas
Prezos:
1 hora semanal: 13 €
2 horas semanais: 20 €
Condicións: mínimo de 8 participantes.
Contacto:
Correo electrónico: adbfontinas@gmail.com
Teléfono: 626 29 29 03
Imparte: Kaizen Compostela
Prezos:
1 hora semanal: 18 €
2 horas semanais: 25 €
Condicións:
Mínimo de inscritos/as: 10 participantes
Máximo de inscritos/as: 20 participantes
Contacto:
Correo electrónico: atletismobradoiro@gmail.com
Teléfono: 645 760 620
Imparte: Robotix
Prezos:
1 hora semanal: 20 €
1 hora e media semanal: 30 €
Condicións: mínimo de 7-8 participantes.
Contacto:
Correo electrónico: daniel@stemrobots.com
Teléfono: 653 753 239
Para calquera dúbida no momento da matrícula, pódese contactar con AVANZA Servizos Escolares:
Teléfono: 691 475 060
Correo electrónico: santiago@avanzaserviciosescolares.es
Máis socias e socios na ANPA son máis recursos e actividades dentro e fóra do horario lectivo; contigo, as opcións multiplícanse.