O noso local está situado en Padrón, en concreto, no número 18 da Rúa Rosalía de Castro, unha das rúas peatonais do pobo.
Pincha no mapa para acceder á localización en Google Maps
A tan só 5 minutos do noso parque poderedes atopar un parking gratuito.
A instalación conta con varios espazos de xogo que pretenden adaptarse ao amplo abano de gustos e preferencias que teñen os/as máis pequenos/as da casa.
Ademais, o local está deseñado para adaptarse aos diferentes niveis de desenvolvemento cos que contan os/as nenos/as dende que comezan a ser autónomos/as ata pasar á preadolescencia.
Contamos con piscina de bolas, tobogán, tirolina, xoguetes diversos, espazo disco, futbolín, pizarras, libros e moitas cousas máis!!
Nesta zona do parque os/as nenos/as máis pequenos/as merendarán durante a celebración dos eventos ou cando veñan a xogar por libre a A casiña da avoa.
Aquí tamén poderán xogar, pintar, etc. xa que a zona estará á súa disposición en todo momento.
Os bancos, tronos e mesas están adaptados en tamaño para que incluso os/as máis pequeniños/as poidan ser completamente autónomos/as á hora de acceder a eles.
Nas nosas instalacións contamos cunha zona de cafetería para persoas adultas.
A nosa cafetería funciona coma calquera outra coa vantaxe engadida de poder ver aos/ás teus/túas peques desfrutar durante todo o tempo que botedes no parque.
Tenda para bebés
Integrada na cefetería, poderedes atopar unha pequena tenda cunha manta, boliñas máis pequenas e peluches para bebés. Este é o espazo ideal para aqueles/as pequenos/as aos que aínda lles queda moi grande a zona de xogo e precisan vixiancia constante. Aquí poderán estar tranquilos/as desfrutar igualmente do parque.
Contamos, ademais, con varias tronas para facilitar que os/as bebés poidan sentarse á mesa cos/coas demais nenos/as ou cos/as maiores.
A nosa estrutura de bolas conta cunha piscina de bolas con tobogán, unha cama elástica, unha tirolina e un percorrido cunha ponte, sacos de boxeo, un cactus e unha barra de bombeiros. Esta estrutura é ideal para que os/as peques poidan escalar, saltar, arrastrarse polo chan, etc. libremente, pois está completamente acolchada e é unha zona seca xa que é o único sitio do parque onde é OBRIGATORIO ESTAR DESCALZOS/AS, tanto os/as adultos/as como os/as pequenos/as.
Pegado á estrutura e tamén completamente acolchado, poderedes atopar o noso mini-campo. Dentro deste atoparedes dúas porterías e unha canasta xunto con balóns brandos de fútbol e baloncesto. Mais este espazo realmente ten un montón de usos: Pista de baile, lugar idóneo para p`racticar ximnasia, campo de brilé... Os/As peques poden deixar voar a súa imaxinación e empregalo como mellor lles conveña!!
No noso parque contamos, tamén, con dúas consolas: unha Nintendo Switch e unha Play Station 4. Nelas hai xogos moi diversos cos que os/as rapaces/as máis maiores poderán disfrutar da estancia no parque explorando, construindo, botando carreiras de coches...
Cada consola conta sempre con, como mínimo, dous mandos e varios xogos multixogador para evitar o illamento dos/as rapaces durante a estancia no parque.
Ao alcance dos/as rapaces/as sempre hai unha gran variedade de xoguetes e xogos que poden empregar segundo as súas preferencias.
Nas nosas estanterías poderedes atopar dende peluches de temáticas diversas ata coches, monopatíns para dedos ou bonecas; pasando por xoguetes de madeira para bebés, lápices de cores, puzzles e xogos de mesa, xogos educativos, entre outras cousas.
Estes xoguetes poderán ir variando ao longo do tempo segundo a súa popularidade e estado.
Outra posibilidade para desenvolver a creatividade dentro do noso local son as paredes-pizarra coas que contamos, onde os/as máis cativos/as poden deixar fluir a imaxinación creando auténticas obras de arte.
No noso parque, peques e maiores poderán botar partidas 1 vs 1 no Futbito.
Este xogo, no noso local, é libre e gratuito e contamos con dous bancos para que os/as máis pequenos/as non se atopen con barreiras e poidan comezar a aprender a xogar a este popular xogo.
Ao alcance dos/as nenos/as, no parque sempre haberá dispoñibles varias opcións de libros que se adaptan a diversos niveis de comprensión lectora para fomentar a lectura como forma de ocio saudable entre os/as máis cativos/as.