A casiña da avoa é un proxecto que nace a comezos do ano 2023 da ilusión e das ganas de crear un espazo seguro para os/as máis cativos/as da casa. Este proxecto chega a ver a luz o día 3 de outubro dese mesmo ano da man dunha educadora social recén titulada e materializándose nun local de ocio infantil e xuvenil que pretende ofrecer un espazo de lecer seguro e enriquecedor para cada pequeno/a tanto no seu día a día como en datas sinaladas como, por exemplo, nos seus aniversarios, 👴🏼🧑🏼🦳.
Este espazo é o resultado de todo un proceso de esforzo e cooperación para acadar o que nun inicio tan só parecía ser un SOÑO DE INFANCIA,👣🫀.
PARA SABER MÁIS DE NÓS