Poderás acceder ao noso parque pagando 3€/hora.
A primeira hora de estancia pagarase íntegra mentres que, a partires dos 60 minutos, cobrarase o tempo real de estancia nas instalacións (por minuto).
Ademais, os/as acompañantes dos/as máis pequenos/as poderedes pasar o rato no parque acompañándoos/as nos diferentes xogos ou tomando un café, refresco, cervexa... na nosa cafetería mentres charlades, traballades, ledes...
Traballamos por aforo. Non precisas de reserva previa pero podes facela, se o desexas, chamando ao noso número de teléfono, mediante WhatsApp ou a través de redes sociais.
Outra posibilidade para acceder ao local é mediante unha tarxeta de recarga de bonos.
Recarga na túa tarxeta unha das nosas opcións de minutos e disfruta de tempo de xogo de forma máis económica e práctica.
(20 horas de xogo)
Só dispoñible para familias con DOUS OU MÁIS PEQUES en idade de acceso ao parque.