CERN Masterclass 2026
17 de marzo de 2026
UDC, Facultade de Ciencias, Campus Zapateira
17 de marzo de 2026
UDC, Facultade de Ciencias, Campus Zapateira
A Facultade de Ciencias de la Universidade da Coruña (UDC) en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas – IPPOG (promotor da Masterclass) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), celebra a segunda edición na UDC da Masterclass Internacional ‘Física de Partículas coas mans’.
A xornada terá lugar o martes 17 de marzo de 2026 na Facultade de Ciencias (Campus Zapateira), e está destinada a estudantes de 2º de Bacharelato dos centros educativos de Galicia. Trátase dunha experiencia inesquecible, xa que o alumnado poderá ser parte dun simulacro da actividade científica profesional. Consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo. Os resultados serán discutidos mediante videoconferencia con estudantes de São Paolo (Brazil), Varna (Bulgaria), Székesfehérvár (Hungría) e Padua (Italia) que participan na xornada de forma simultánea.
Poderán participar catro estudantes de 2º bacharelato do seu centro. É posíble inscribir tamén a persoas de reserva, quenes poderán ser admitidas dependendo da evolución das inscricións. O profesorado acompañante pode asistir e participar na actividade, aínda que non é un requisito obrigatorio (deberá indicarse no momento de realizar a inscrición). Os organizadores faranse cargo da manutención durante a xornada.
Consideramos importante contar con rapazas e rapaces que poidan aproveitar a experiencia, valorando principalmente a afección pola ciencia e o coñecemento do inglés, importante para a realización da videoconferencia. A selección do alumnado deixámola enteiramente á súa discrecionalidade.
Programa
09:45-10:00 Benvida - Aula 11, andar 3, Facultade de Ciencias
10:00-11:15 Introducción á Física de Partículas - Aula 11, andar 3, Facultade de Ciencias
11:15-11:30 Descanso
11:30-11:45 Explicación da sesión práctica - Aula de informática 4, andar 2, Facultade de Ciencias
11:45-13:45 Sesión práctica - Aula de informática 4, andar 2, Facultade de Ciencias
13:45-15:00 Comida - Cafetería Arquitectura Técnica
15:00-15:55 Explicación e discusión dos resultados - Salón de Actos, andar 1, Facultade de Ciencias
16:00-17:00 Videoconferencia co CERN - Salon de Actos, andar 1, Facultade de Ciencias
17:00-17:15 Despedida e certificados
Organizadores
Veronika Chobanova
Jeremy Dalseno
Diego Martínez Santos
Carlos Vázquez Sierra