CERN Masterclass 2025
10 de marzo de 2025
UDC, Facultade de Ciencias, Campus Zapateira
10 de marzo de 2025
UDC, Facultade de Ciencias, Campus Zapateira
A Facultade de Ciencias de la Universidade da Coruña (UDC) en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas – IPPOG (promotor da Masterclass) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), celebra a segunda edición na UDC da Masterclass Internacional ‘Física de Partículas coas mans’.
A xornada terá lugar o luns 10 de marzo de 2025 na Facultade de Ciencias (Campus Zapateira), e está destinada a estudantes de 2º de Bacharelato dos centros educativos de Galicia. Trátase dunha experiencia inesquecible, xa que o alumnado poderá ser parte dun simulacro da actividade científica profesional. Consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo. Os resultados serán discutidos mediante videoconferencia con estudantes de Constantina (Alxeria), Pazin (Croacia), Lyon (Francia), Székesfehérvár (Hungría) y Tehrán (Irán) que participan na xornada de forma simultánea.
Poderán participar dous estudantes de 2º bacharelato do seu centro. É posíbel inscribir tamén a unha terceira persoa de reserva, que poderá ser admitida dependendo da evolución das inscricións. O profesorado acompañante pode asistir e participar na actividade, aínda que non é un requisito obrigatorio (deberá indicarse no momento de realizar a inscrición). Os organizadores faranse cargo da manutención durante a xornada.
Consideramos importante contar con rapazas e rapaces que poidan aproveitar a experiencia, valorando principalmente a afección pola ciencia e o coñecemento do inglés, importante para a realización da videoconferencia. A selección do alumnado deixámola enteiramente á súa discrecionalidade.
Programa
09:30-9:35 Benvida - Aula 11, andar 3, Facultade de Ciencias
09:35-10:20 Introducción á Física de Partículas - Aula 11, andar 3, Facultade de Ciencias
10:20-10:30 Explicación da sesión práctica - Aula 11, andar 3, Facultade de Ciencias
10:30-10:45 Descanso
10:45-13:45 Sesión práctica - Aula de informática 1, andar 3, Facultade de Ciencias
10:45-13:00 Visita microscópio electrónico en grupos - ESCI
13:45-15:00 Comida - Cafetería Arquitectura Técnica
15:00-15:55 Explicación e discusión dos resultados - Salón de Actos, andar 1, Facultade de Ciencias
16:00-17:00 Videoconferencia co CERN - Salon de Actos, andar 1, Facultade de Ciencias
17:00-17:15 Despedida e certificados
Organizadores
Veronika Chobanova
Jeremy Dalseno
Diego Martínez Santos
Carlos Vázquez Sierra
John Wendel
Miranda Carou Laiño