CERN Masterclass 2024
13 de marzo de 2024
UDC, Facultade de Ciencias, Campus Zapateira
13 de marzo de 2024
UDC, Facultade de Ciencias, Campus Zapateira
A Facultade de Ciencias de la Universidade da Coruña (UdC) en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas – IPPOG (promotor da Masterclass) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), celebra a primeira edición na UdC da Masterclass Internacional ‘Física de Partículas coas mans’.
A xornada terá lugar o mércores 13 de marzo de 2024 na Facultade de Ciencias (Campus Zapateira), e está destinada a estudantes de 2º de Bacharelato dos centros educativos de Galicia. Trátase dunha experiencia inesquecible, xa que o alumnado poderá ser parte dun simulacro da actividade científica profesional. Consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo. Os resultados serán discutidos mediante videoconferencia con estudantes de Constantina (Alxeria), Atenas (Grecia), Tehrán (Irán) y Madrid que participan na xornada de forma simultánea.
Poderán participar dous estudantes de 2º bacharelato do seu centro. É posible inscribir tamén a unha terceira persoa de reserva, que poderá ser admitida dependendo da evolución das inscricións. O profesorado acompañante pode asistir e participar na actividade, aínda que non é un requisito obrigatorio (deberá indicarse á hora de realizar a inscrición). O número máximo de participantes é de 60 estudantes. Los organizadores farasen cargo da manutención durante a xornada.
Consideramos importante contar con rapazas e rapaces que poidan aproveitar a experiencia, valorando principalmente a afección pola ciencia e o coñecemento do inglés, importante para a realización da videoconferencia. A selección do alumnado deixámola enteiramente á súa discrecionalidade.
Programa
09:15-09:30 Bienvenida - Aula 14, andar 2, Facultade de Ciencias
09:30-10:10 Introducción a la Física de Partículas - Aula 14, andar 2, Facultade de Ciencias
10:10-10:30 Aceleradores y detectores - Aula 14, andar 2, Facultade de Ciencias
10:30-10:45 Explicación sesión práctica - Aula 14, andar 2, Facultade de Ciencias
10:45-11:00 Descanso
11:00-13:00 Sesión práctica - Aula de informática 1, andar 3, Facultade de Ciencias
13:15-14:45 Comida - Cafetería Arquitectura Técnica
15:00-15:55 Explicación y discusión de los resultados - Salón de Actos, andar 1, Facultade de Ciencias
16:00-17:00 Videoconferencia CERN - Salon de Actos, andar 1, Facultade de Ciencias
17:00-17:15 Despedida y certificados
Organizadores
Veronika Chobanova (UdC)
Diego Martínez Santos (GAIN)
Victor González Tabernero (UdC)
Joel Pérez Villarino (UdC)
Ramón Ángel Ruiz Fernández (USC)
John Wendel (UdC)