Elixe unha pregunta:
A Brecha Salarial Global do Sistema Universitario Público Español ten un valor medio dun 12,7%, procedendo o groso desta brecha, fundamentalmente, dos complementos salariais, onde a brecha alcanza o 19,1% e máis reducida no salario brase (1,8%). É importante destacar que os complementos constitúen a forma a través da cal se retribúen os méritos investigadores e de participación en proxectos ou actividades de investigación, formación ou xestión. E son estes complementos os que supoñen o mecanismo a través do cal se configura a discriminación salarial entre homes e mulleres, segundo o estudo realizado.
A brecha salarial para o salario basee percibido por homes e mulleres nas universidades públicas españolas sitúase, en media, no 1,8%. Con todo, sete destas institucións presentan unha BSG para o salario basee superior ao 10%.