O vídeo amosa como mulleres e homes con traxectorias profesionais semellantes afrontan camiños moi diferentes por causa dos roles de xénero e das desigualdades estruturais. A través de testemuños reais, especialmente no ámbito da investigación e da empresa, evidénciase como as mulleres atopan máis obstáculos para progresar, sobre todo ao combinar carreira profesional e maternidade.
O concepto de “teito de cristal” refírese a esa barreira invisible que impide ás mulleres acadar postos de maior responsabilidade, malia teren a mesma valía e preparación ca os homes. O vídeo tamén propón medidas como dar visibilidade ás mulleres referentes e educar na igualdade para romper estas limitacións.
25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de xénero.
Lectura do manifesto por Daniel Pérez Rúa de 1º do CFGS DAW
Alumnado e profesorado asistente ao acto 'Todas as violencias doen'.
Concurso imaxe gráfica e peza audiovisual 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de xénero.
Corredores do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.
Exposición 'Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero'
O CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel do 26 de novembro ao 18 de decembro a exposición “Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero”, organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. A mostra, que estivo nos corredores do noso Centro Educativo recolle unha selección do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai. Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.
A orixe da mostra partiu da proposta da súa comisaria, Gemma Sesar, a varios debuxantes galegos e nacionais para plasmar nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.
Corredores do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.
Exposición 'Cartas de amor'
Charla sobre a violencia de xénero e o sexismo na publicidade, nos medios audiovisuais e nas redes sociais.
Impartida o día 12/12/2025 ás 12:15h-13:15h á que asistiu alumnado de 1° FP Básica, 2° CFGS HIBU, 2º CFGM SMR e 2° CFGS ASIIR. Ana Otero invitou ás persoas asistentes a reflexionar sobre como a publicidade reforza estereotipos e transmite modelos de mulleres e homes que a sociedade interioriza, moitas veces de maneira inconsciente.
Obradoiro 'A Violencia de Xénero no Contexto Dixital'.
Impartido por PantallasAmigas o día 17/12/2025, sobre as diferentes formas nas que se expresa a violencia de xénero no contexto dixital: grooming, sextorsión ou ciberbullying, sexting así como os riscos que implica a adición á tecnoloxía.
Participou neste obradoiro o alumnado de 2º CFGS DAM.
Vídeo para felicitar as festas e o Aninovo aos socios do proxecto eTwinning Bridges of Values sobre valores destacando a igualdade e o respecto.
O CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel (Nuria RFP e o seu equipo) desexoulle unhas Boas Festas e un Próspero Aninovo a todos os socios dos proxectos eTwinning.
Vídeo sobre a historia e valores do bastón de caramelo para o proxecto eTwinning Bridges of Values sobre valores destacando a igualdade e o respecto.
Women Rights in Spain
Created by students of CFGS DAW for the eTwinning Project 'Bridges of Values'.
Actividade contra as etiquetas sociais impostas.
O alumnado dos ciclos formativos de CFGS de DAW, CFGS de DAM e CFGS de QSA participou nunha xornada de reflexión e dinámicas de autocoñecemento centradas na análise das etiquetas que a sociedade adoita impor. Aproveitando a celebración do Entroido, representaron simbolicamente esas etiquetas a través de máscaras creadas por eles e elas mesmas, convertendo a actividade nun exercicio de expresión, conciencia crítica e identidade persoal.
Esta proposta enmárcase dentro do currículo dos módulos de IPE I e IPE II, traballando especialmente aspectos relacionados co desenvolvemento persoal, a construción da identidade profesional, a igualdade de oportunidades, a superación de estereotipos e o fortalecemento das habilidades sociais. A actividade favoreceu a reflexión crítica sobre os condicionantes sociais que poden influír nas traxectorias formativas e laborais, promovendo unha actitude máis consciente, inclusiva e empoderadora de cara ao futuro profesional.
Vídeo contra as etiquetas sociais
Alumnado do 1º curso do CFGS de DAM na Biblioteca do
CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.
Obradoiro Xénero Educa Dinámicas contra a Violencia de Xénero 12/02/2026.
O obradoiro foi impartido polo grupo Koremi, entidade especializada en educación para a igualdade e intervención socioeducativa, e contou coa participación do alumnado do CFGS de DAM.
A sesión desenvolveuse mediante dinámicas participativas e vivenciais, orientadas a:
Fomentar a reflexión crítica sobre os estereotipos e os roles de xénero para unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Dotar ao alumnado de ferramentas para identificar, cuestionar e rexeitar condutas machistas normalizadas mediante a empatía, a escoita activa e a intervención respectuosa ante situacións de desigualdade ou violencia.
Esta actividade enmárcase no compromiso do centro coa formación integral en valores, coa educación afectivo-sexual responsable e coa promoción dunha convivencia baseada no respecto, na igualdade e na inclusión no marco do Plan Proxecta+.
Alumnado de 2º CFGS DAW e 1º FP Básica de Informática oficina.
O día 13/02/2026, en horario de 09:30 a 11:30 horas, desenvolveuse o obradoiro “O amor sen cadeas: as relacións de parella na mocidade”, impartido por María Angélica Mercado Torres, especialista en estudos de xénero e políticas de igualdade.
A actividade contou coa participación do alumnado de 1º de FP Básica de Informática de Oficina e de 2º do CFGS de DAW, quen tivo a oportunidade de analizar as relacións de parella desde unha perspectiva crítica e construtiva. Traballáronse aspectos clave como a comunicación, o establecemento de límites saudables, a corresponsabilidade e os distintos axentes que inflúen nas relacións afectivo-sexuais na mocidade.
A través de dinámicas participativas e espazos de diálogo, o alumnado realizou exercicios de reflexión, autocoñecemento e autoavaliación, fomentando unha visión das relacións baseada no respecto, na igualdade e na liberdade persoal.
Actualización páxina WEB co logo actualizado e máis recursos.
Nesta páxina pódense atopar recursos para traballar o respecto e a igualdade.
Ademais, podedes solicitar que se engadan recursos ou noticias que queirades compartir co resto do profesorado.
Alumnado de 1º DAW, 1º Dietética e 1º QSA debatiu sobre os sesgos nas novas tecnoloxías.
Estudo e reflexión dos nesgos nas novas tecnoloxías
Logo e póster
Vídeos:
Magazine: https://youtu.be/Gz4uikASvsg?si=gBnJUIHkBspwZ0GO
Partners Map: https://youtu.be/dduNP0QKxDU?si=qUyPqhe8y7yWU8NP
Poem: https://youtu.be/NUhLk4yXEpk?si=Y5MpB1LaWNG7A_Em
Rosalía de Castro: https://youtu.be/NKYEZ48Mklg?si=Qa4h5PqsEBd3oUgv
Emilia Pardo Bazán: https://youtu.be/NUhLk4yXEpk?si=Y5MpB1LaWNG7A_Em
Ángela Ruiz Robles: https://youtu.be/ZPwx4TZUStE?si=RN8IAKEfukKfcpqZ
Margarita Salas: https://youtu.be/Kj74S4Ch1rw?si=VJWDG5BLiHEa7EbV
eTwinning Project
Charla sobre a violencia de xénero e o sexismo na publicidade impartida por Ana Otero dentro do Plan Proxecta+: Por 365 días de respecto e igualdade.
Asistiu alumnado de 1° FPBásica, 1° e 2° CFGM OL, 1° e 2° CFGS LAAC, e 2° CFGS ASIIR.
Vídeo contra a violencia de xénero no 25 N.
A creación dun vídeo cun lazo humano contra a violencia de xénero constitúe unha acción simbólica con gran valor pedagóxico e interdisciplinar. No ámbito da Formación Profesional, permite implicar activamente ao alumnado na loita pola igualdade e na denuncia da violencia, conectando a realidade social coa súa futura práctica profesional.
Cada familia profesional achega unha mirada específica:
-Sanitaria, desde o coidado á saúde física e mental das vítimas e a promoción da empatía.
-Informática, a través da creación, edición e difusión do vídeo, e da reflexión sobre as violencias dixitais.
-Química, coa análise de datos e a responsabilidade científica en contextos de saúde e substancias nocivas.
-Seguridade e Medioambiente, enfocando a violencia como un risco social e traballando na prevención e resposta.
Esta actividade fomenta valores como o respecto, a igualdade e a solidariedade, á vez que desenvolve competencias técnicas, comunicativas, críticas e colaborativas. O lazo humano convértese así nun símbolo vivo de compromiso, unión e responsabilidade compartida.
Audiovisual contra Violencia Xénero realizado para o Plan Proxecta+: Por 365 días de respecto e igualdade polo alumnado do Curso de especialización de videoxogos Laura Pachón Rúa e David Rodríguez Heredero.
Imaxe gráfica do 25 N do Plan Proxecta+: "Por 365 días de respecto e igualdade" realizado polo alumnado do CFGS de QSA para o Concurso de Imaxes gráficas contra a violencia de xénero do 25 de novembro de 2024: Edrugiel Acevedo Tovar e Gust Sevilla.
O alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Química e Saúde Ambiental participou na elaboración dunha potente imaxe gráfica co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no marco do Plan Proxecta+ e do programa Por 365 días de respecto e igualdade.
A proposta presentada por Edrugiel Acevedo Tovar e Gust Sevilla destaca pola súa forza simbólica e impacto visual. A ilustración representa a unha muller espida pendurada, en clara alusión á situación extrema de vulnerabilidade, obxectualización e desprotección que sofren moitas mulleres vítimas de violencia de xénero. Ao fondo, proxéctanse sombras de figuras humanas que observan, representando a sociedade como espectadora pasiva, silenciosa ou cómplice ante este tipo de violencias.
A composición busca remover conciencias e provocar unha reflexión profunda sobre o papel que xogamos individual e colectivamente fronte á violencia contra as mulleres, especialmente cando esta se produce no espazo público ou se normaliza dende os medios e os discursos sociais.
A participación no concurso constitúe tamén unha actividade interdisciplinar, na que se traballaron contidos relacionados coa saúde pública, a igualdade de xénero, a expresión artística como ferramenta de denuncia, e a análise crítica do contexto sociocultural.
Realizado por alumnado de 2º CFGS DAW
Realizado por alumnado 1º CFGS QSA
Vídeos realizados polo alumnado do CIFP A Carballeira contra a violencia de xénero 25N
No marco do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o CIFP A Carballeira desenvolveu unha serie de vídeos educativos e de sensibilización protagonizados polo seu alumnado de distintos ciclos formativos. Estas producións audiovisuais buscan visibilizar e denunciar distintas formas de violencia machista presentes na sociedade.
Cada grupo abordou a temática desde unha perspectiva específica, conectando os contidos formativos coa realidade social:
2º de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW): realizou un vídeo centrado nos micromachismos, pequenas accións ou comentarios normalizados que perpetúan a desigualdade e o control sobre as mulleres. A través de exemplos cotiáns, amósase como estas condutas contribúen a unha cultura machista encuberta.
1º de Emerxencias Sanitarias (ES): elaborou un vídeo de denuncia contra a violencia física, mostrando o impacto directo e visible da agresión, e resaltando a importancia da atención sanitaria ás vítimas, así como da prevención dende o ámbito asistencial.
1º de Química e Saúde Ambiental (QSA): tamén centrou o seu traballo na violencia física, enfocando a súa mensaxe na necesidade de detectar, actuar e denunciar calquera tipo de maltrato, incorporando a responsabilidade social e ética da ciencia neste tipo de loitas.
Estes vídeos constitúen un exemplo claro de aprendizaxe activa e interdisciplinar, onde o alumnado se converte en axente de cambio, empregando ferramentas audiovisuais para educar en igualdade, promover o pensamento crítico e contribuír a construír unha sociedade máis xusta e libre de violencias.
Realizado por alumnado de 1º CFGM Emerxencias Sanitarias.
Alumnado de 2º de CGM SMR.
Obradoiro: Legos contra a violencia de xénero do 25 N.
No marco do Programa Por 365 días de respecto e igualdade do Plan Proxecta, desenvolvéronse obradoiros co uso da metodoloxía LEGO, nos que participou todo o alumnado implicado. A través da construción simbólica con pezas de LEGO, representáronse diferentes tipos de violencia de xénero (física, psicolóxica, simbólica, etc.), así como medidas de prevención e protección fronte á mesma. Esta metodoloxía permitiu traballar de forma interdisciplinar e intercurricuar a creatividade, a reflexión e o diálogo, favorecendo a expresión de ideas complexas de maneira visual e colaborativa. Os obradoiros puxeron o foco na empatía, na detección precoz de sinais de violencia e na importancia do respecto mutuo, promovendo unha educación en igualdade e a conciencia crítica ante as desigualdades de xénero.
Alumnado de 2º de FP Básica.
Aumnado de 1º de FP Básica.
Aumnado de 1º de CGS LaBiom.
Mediante o uso de pezas de LEGO como ferramenta simbólica e creativa, o alumnado representou diferentes tipos de violencia de xénero (física, psicolóxica, económica, sexual e simbólica), así como medidas de prevención, protección e acompañamento ás vítimas. A metodoloxía baseouse na dinámica learning by doing, favorecendo a reflexión crítica, a colaboración e a aprendizaxe significativa.
Este obradoiro tivo unha enorme riqueza educativa ao integrar contidos de distintas materias e módulos profesionais, reforzando así a competencia transversal de igualdade e respecto pola diversidade. Exemplos de integración curricular:
Formación e Orientación Laboral (FOL) e IPE I: análise dos dereitos laborais das vítimas, prevención de riscos derivados da violencia no ámbito laboral, e promoción da igualdade de oportunidades.
Empresa e Iniciativa Emprendedora: traballo en valores como a responsabilidade social e a igualdade nas políticas de empresa.
Módulos técnicos específicos: reflexión sobre a presenza de estereotipos de xénero en sectores profesionais concretos e deseño de propostas máis inclusivas nas familias profesionais de informática, química, seguridade e medioambiente e sanitaria.
Educación para a saúde: contidos deste módulo impartido en diferentes ciclos formativos d sanitaria.
Titoría e educación emocional: desenvolvemento de habilidades socioemocionais, empatía e resolución pacífica de conflitos.
Aprendizaxe activa e visual, facilitando a comprensión de conceptos abstractos como o ciclo da violencia ou os micromachismos.
Espazo seguro de expresión, onde o alumnado puido verbalizar e compartir ideas e experiencias.
Enfoque colaborativo, potenciando o traballo en equipo, o diálogo e o respecto polas opinións alleas.
En conxunto, esta metodoloxía promoveu unha aprendizaxe transformadora e conectada coa realidade social, contribuíndo á formación integral do alumnado de FP como profesionais conscientes, críticos e comprometidos coa igualdade e contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións e dimensións.
Ademais, tratouse de fomentar o traballo en equipo mediante a colaboración na xeración de ideas, deseño das construccións e resolución de confictos xurdidos durante o proceso.
Alumnado de 2º do CFGM de SMR
Alumnado de 2º do CFGM de SMR
Alumnado de 1º do CFGM de SMR
Alumnado de 1º do CFGM de SMR
Alumnado de 2º CFGS DAM
Alumnado de 2º CFGS DAM
Alumnado de 2º CFGS DAM
Alumnado de 2º CFGS DAM
Alumnado de 2º CFGS DAM
Alumnado de 2º CFGS DAM
Alumnado de 1º do CFGM de Farmacia e Parafarmacia.
Alumnado de 1º do CFGS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.
Alumnado de 1º do CFGS QSA
Alumnado de 1º do CFGS QSA
Alumnado de 1º do CFGM OL
Alumnado de 1º do CFGM OL
Alumnado de 1º do CFGM OL
Alumnado de 2º FP Básica
Alumnado de 2º do CFGS QSA
Alumnado de 2º do CFGS QSA
Alumnado de 2º do CFGS QSA
Alumnado de 2º do CFGS QSA
Alumnado de 2º FP Básica
Alumnado de 1º FP Básica
Alumnado de 1º CFGM CAE
Alumnado de 1º CFGM CAE
Alumnado de 1º CFGM CAE
Alumnado de 1º CFGM CAE
Alumnado de 1º CFGM ES
Alumnado de 1º CFGS ASIIR
Alumnado de 1º CFGS ASIIR
Alumnado de 1º CFGS ASIIR
Alumnado de 2º CFGS DAS
Alumnado de 1º CFGS DAW
Alumnado de 1º CFGS DAW
Alumnado de 2º CFGS HIBU
Alumnado de 1º CFGS LabBiom
Alumnado de 1º CFGS LabBiom
Alumnado de 1º CFGS LabBiom
Alumnado de 1º CFGS LabBiom
Alumnado de 1º do CFGS DAS
Alumnado de 1º CFGm ES
Alumnado de 2º CFGS ASIIR
Alumnado de 2º CFGS Dietética
Alumnado de 2º CFGS Dietética
Alumnado 2º CFGS DAW
Obradoiro: A Violencia de Xénero no Contexto Dixital. 29/11/2024
Neste obradoiro participou alumnado de 1º e 2º de FP Básica de Informática de Oficina e 1º CFGM SMR ordinario grupo de mañá e que tivo lugar na biblioteca.
Lugar: Biblioteca do centro
Impartido por: Pantallas Amigas
Participación: Alumnado de 1º e 2º de FP Básica de Informática de Oficina e 1º do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) – grupo ordinario de mañá
No marco do Programa Por 365 días de respecto e igualdade do Plan Proxecta, tivo lugar o obradoiro A Violencia de Xénero no Contexto Dixital, impartido pola entidade especializada Pantallas Amigas, recoñecida polo seu labor na promoción do uso seguro e responsable das TIC, especialmente entre a mocidade.
A actividade estivo dirixida ao alumnado de FP Básica e Ciclo Medio das especialidades vinculadas ao ámbito da informática, abordando de forma directa e participativa os riscos específicos que presenta o contorno dixital respecto á violencia de xénero, como o ciberacoso, o control a través das redes sociais, o sexting coercitivo ou a difusión non consentida de contidos íntimos.
Charla de sensibilización “ A nova escravitude do século XXI : Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero dentro do programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta+” día 23 de xaneiro de 17:00h-19:00h.
O grupo Carbaiguais quere agradecer ao Centro Alumar xestionado por Cáritas a interesante charla ofrecida ao alumnado de CFGMTCAE de modular e Dual, CFGSAnatomía Patolóxica e Citodiagnostico e CFGMEmerxencias Sanitarias.
Obradoiro Xénero Educa Dinámicas do día 28 de xaneiro de 17:00h-19:00h, dentro do programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta+” día 23 de xaneiro.
O obradoiro foi impartido polo grupo Koremi e asistiu alumando de CFGMTCAE de modular e Dual e CFGM Emerxencias Sanitarias.
A actividade foi impartida polo grupo Koremi, especializado en educación para a igualdade e intervención socioeducativa, e contou coa asistencia do alumnado dos ciclos:
O obradoiro desenvolveuse a través de dinámicas participativas co obxectivo de:
Fomentar a reflexión sobre os estereotipos e roles de xénero.
Promover a igualdade real entre mulleres e homes.
Dotar ao alumnado de ferramentas para identificar e rexeitar condutas machistas normalizadas.
Impulsar a empatía, a escoita activa e a intervención respectuosa en situacións de desigualdade ou violencia.
Esta actividade forma parte do compromiso do centro coa formación en valores, a educación afectivo-sexual responsable e a promoción dunha convivencia baseada no respecto, na igualdade e na inclusión, aliñada coa liña de traballo do Plan Proxecta+ durante todo o curso escolar.
Entrada do CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel.
Entrada do CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel.
Alumnado de 1º CFGM CAE
Obradoiro 'Os meus outros amores' do programa: Por 365 días de respecto e igualdade no marco do Plan Proxecta+
Esta actividade, orientada á reflexión e ao desenvolvemento emocional, tivo como obxectivo:
Romper cos estereotipos do amor romántico tradicional.
Recoñecer outras formas de amor e afecto baseadas no respecto, a liberdade e a igualdade.
Favorecer a autoestima, a amizade, o coidado propio e o coidado dos demais como formas de relación saudable.
Fomentar vínculos afectivos libres de dependencia, control ou violencia.
A través de dinámicas vivenciais e participativas, o obradoiro permitiu ao alumnado identificar relacións afectivas sans, cuestionar mensaxes culturais tóxicas sobre o amor, e ampliar a súa mirada sobre os afectos desde unha perspectiva crítica e igualitaria.
Esta acción educativa refórzase cunha data simbólica como o 14 de febreiro, tradicionalmente asociada ao amor romántico, para redefinir o amor desde o respecto mutuo, a diversidade e a liberdade emocional, en coherencia cos valores promovidos polo centro ao longo de todo o curso.
Espectáculo "Golpes" representado polo grupo aAntena dentro do programa: "Por 365 días de respecto e igualdade" no marco do Plan Proxecta+.
"GOLPES" é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir . Tratando e previndo a desigualdade desde onde nacen as relacións.
Trátase dun traballo intimista onde o primordial é a conexión da actriz coas persoas asistentes, falándolle directamente, contándolle en primeira persoa o que pasou. O espectáculo destaca a calidade interpretativa da actriz, quen incorpora múltiples personaxes diante da ollada dos espectadores. Actriz | ESTÍBALIZ VEIGA. Dirección | XOSÉ LEIS. Produción | BERNARDINO MARTÍNEZ. Asistiu alumnado dos CFGM de 1º TCAE, 1º SMR, 1º OL e CFGS de 1º DAS, 1º QSA, 1º LACC e 1ºASIIR. Parabéns e moitas grazas ao grupo aAntena!
Entrada do CIP A Carballeira - Marcos Valcárcel.
Obradoiro 1 de maio: Liderado na igualdade: mulleres e homes que loitaron polos dereitos e igualdade das mulleres do programa: Por 365 días de respecto e igualdade no marco do Plan Proxecta+
Nos días previos ao 1 de maio de 2025, o alumnado de 1º de Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW), 1º de Química e Saúde Ambiental (QSA) e 1º de Dietética do CIFP A Carballeira participou no obradoiro "Liderado na igualdade: mulleres e homes que loitaron polos dereitos das mulleres".
A escolla das datas próximas ao 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores e Traballadoras, subliña a importancia da loita polos dereitos laborais das mulleres, a igualdade de oportunidades e a eliminación das discriminacións no ámbito profesional.
Este obradoiro tivo como obxectivo:
Visibilizar figuras históricas femininas e masculinas que contribuíron ao avance dos dereitos das mulleres e á igualdade de xénero.
Recoñecer o valor do liderado comprometido, tanto desde o activismo como desde o ámbito profesional e social.
Fomentar a reflexión crítica sobre os avances logrados e os desafíos actuais en materia de igualdade.
Traballar o recoñecemento e a inspiración en referentes que promoven un modelo de sociedade máis xusto e igualitario.
A actividade foi elaborada polo propio alumnado a través de investigación, presentacións, exposicións e reflexións compartidas, desenvolvendo así competencias clave como o traballo en equipo, a expresión oral, a análise crítica e o compromiso cívico.
Alumnado de 1º CFGM CAE
Alumnado de 1º CFGM CAE
Alumnado de 1º CFGM CAE
Obradoiro contra a violencia de xénero nas relacións de parella do programa: Por 365 días de respecto e igualdade no marco do Plan Proxecta+
Impartido por Angélica ao alumnado de 1° de CAE de ordinario (20 alumnos/as). O día 16/05/2025.
Alumnado de 1º CFGM Dietética
Obradoiro "O Machismo é violencia": Por 365 días de respecto e igualdade no marco do Plan Proxecta+
Impartido por Programas Formativos da Consellería de Igualdade. O día 22/05/2025.
Lecturas pola igualdade
No club de lectura "Leretando" do CIFP A Carballeira, desenvolvéronse espazos de reflexión a través da literatura como ferramenta pedagóxica para traballar a igualdade de xénero.
"Pel de cordeiro" de Ledicia Costas, unha novela que afonda na violencia simbólica e na presión social sobre os corpos e as emocións, cunha narrativa que interpela directamente á mocidade.
"La mala costumbre" de Alana S. Portero, unha obra autobiográfica que visibiliza a experiencia dunha muller trans na súa infancia e adolescencia, poñendo o foco na identidade, a desigualdade e a resistencia desde a marxe.
Ambas lecturas contribuíron a abrir debates sobre o amor, a identidade, os estereotipos e a necesidade de construír espazos afectivos e sociais máis inclusivos.
A súa incorporación ao club permitiu ampliar a mirada crítica do alumnado e profesorado, e fomentar a empatía a través da ficción.
Colocación de cartelería e materiais relacionada coa violencia de xénero. A partir do 16/10/2023.
Fonte da imaxe: https://www.cousasde.com/wp-content/uploads/2017/11/Violencia-X%C3%A9nero-Cartel.jpg
Elaboración e difusión da páxina Web, do logotipo e dun vídeo cos obxectivos do Plan Proxecta+ "Ábrete á vida con respecto e igualdade" elaborado polo grupo Carbaiguais do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.
Fomentar a reflexión sobre a orixe da violencia de xénero na desigualdade social.
Reflexionar sobre a desigualdade en que mulleres, homes e persoas non binarias están sendo educadas.
Identificar e recoñecer os mitos, falsas crenzas, relacións tóxicas nas relacións amorosas entre homes, mulleres e persoas non binarias.
Proporcionar tempos e espazos para poñer en común o que pensamos sobre os homes, as mulleres, as formas de amar, o que nos gusta, o que non nos gusta..
Recoñecer o profundo vínculo que existe entre a violencia de xénero e maneira en que entendemos as relacións de parella.
Coñecer o grado de risco de exercer ou padecer violencia de xénero.
Dotar de habilidades persoais para a construcción de relacións igualitarias, de respecto e cooperación.
Fomentar unha xestión constructiva de emocións, e a resolución cooperativa de conflictos.
Procedemento para a organización do profesorado, das actividades e da protección de datos de alumnado e profesorado.
Fonte da imaxe: Propia. CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel.
Exposición e realización de actividade na aula relacionada coa mesma a partir do 20/10/2023
Exposición sobre Mulleres Astrónomas: https://youtu.be/G9ehls0EiNI?si=LMRjtA6sabEN_5dq
No CIFP A Carballeira dende o 20/10/2023.
Realización de presentacións polo alumnado de FP Básica módulo de CCSSI.
Actividades feitas con 1º (TF1.12) e 2º (TF1.5) de FPB.
Actividade 1º (TF1.12) Cumprimento de sanción. O alumnado elaborou un documento que recollía unha selección de diferentes noticias publicadas en prensa dixital e redes sociais sobre dereitos e sancións por publicar fotos en internet sobre unha persoa sen o seu consentimento.
Actividade 2º (TF1.5) realización dunha presentación con alomenos 3 diapositivas sobre a vida ou obra dunha das astrónomas presentes na exposición.
Alumnado de 1º FP Básica CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Alumnado de 1º FP Básica CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Alumnado de 1º FP Básica CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Realización de actividade na aula do CFGM de Farmacia e Parafarmacia sobre a sumisión quimica (mes de outubro) módulo de Promoción da saúde módulo de Fisiopatoloxía xeral, módulo de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente, e módulo de FOL.
Recursos:
Sumisión química, voluntades anuladas: https://www.rtve.es/play/videos/documentos-tv/sumision-quimica-voluntades-anuladas/6772221/
Procedemento de actuación do SERGAS ante casos de sospeita de submisión química: https://www.sergas.es/Violencia-de-xenero/Documents/68/Procedemento_submision_quimica_V5.pdf
Procedemento de atención a persoas vítimas de violencia sexual (revisión maio 2023): https://www.sergas.es/Violencia-de-xenero/Documents/46/Procedemento_Agresion_Sexual_final.pdf
Guía pautas básicas en casos de violencia sexual: https://www.sergas.es/Violencia-de-xenero/Documents/46/Procedemento_Agresion_Sexual_final.pdf
Procedemento para garantir a protección das mulleres en situación de violencia de xénero nos centros sanitarios do SERGAS: https://www.sergas.es/Violencia-de-xenero/Documents/68/Procedemento_submision_quimica_V5.pdf
Pautas básicas comunes do SNS para a actuación sanitaria ante casos de agresión a mulleres por obxecto punzante en contextos de ocio: https://www.sanidad.gob.es/organizacion/sns/planCalidadSNS/pdf/equidad/Doc_Basico_Agresion_Pinchazo_GrupoProtocolVSexual_vers_19sep2022.pdf
Noticias:
Presunta sumisión química a una trabajadora por parte de su jefe: https://www.laverdad.es/murcia/alhama/juez-indaga-comerciante-20221023223044-nt.html
Realización de actividade na aula para o Módulo de FOL e EIE sobre: A incidencia do xénero na prevención de riscos laborais (meses de outubro a decembro) .
Recursos:
Pautas para a integración da perspectiva de xénero nos Plans de Prevención, https://www.osalan.euskadi.eus/contenidos/libro/gestion_201710/es_def/adjuntos/pautas_integracion_prl.pdf
A incidencia do xénero na prevención de riscos laborais, Descargar arquivo.
Análise da perspectiva de xénero na saúde laboral, https://www.ugt.es/sites/default/files/analisis_de_la_perspectiva_de_genero_en_la_salud_laboral_-_marzo2023.pdf
Saúde Laboral nos Planes de Igualdade, https://www.innovatica.es/otras-materias-de-los-planes-de-igualdad-salud-laboral/
Plans de Igualdade como oportunidade para integrar a perspectiva de xénero na Prevención de Riscos Laborais, https://www.insst.es/documents/94886/362212/Planes+de+igualdad+como+oportunidad+para+integrar+la+perspectiva+de+g%C3%A9nero+en+PRL+2023.pdf/c58db9ec-1846-4208-d6a6-93b319ff4c27?t=1688022678565
Integración da Perspectiva de Xénero na Xestión da Saúde Laboral. Foment, 2021: https://www.foment.com/es/integracion-de-la-perspectiva-de-genero-en-la-prl/
NTP 657. Os trastornos músculo-esqueléticos das mulleres (I): https://www.insst.es/documents/94886/326775/ntp_657.pdf/b32d581a-ab53-432f-a30f-696e301eb606
NTP 658. Os trastornos músculo-esqueléticos das mulleres (II): https://www.insst.es/documents/94886/326775/ntp_658.pdf/359d5351-887e-4805-87b2-054a9ddf7b14
NTP 1185: Conflicto Traballo Familia ou Dobre Presencia como Risco Psicosocial: https://www.insst.es/documents/94886/566858/NTP%201185%20Conflicto%20trabajo-familia%20o%20doble%20presencia%20como%20riesgo%20psicosocial%20Marco%20conceptual%20y%20consecuencias.pdf/8447bff7-727d-addc-da50-07d81391a653
NTP 1186: Conflicto Traballo Familia ou Dobre Presencia como Risco Psicosocial: https://www.insst.es/documents/94886/566858/NTP%201186%20Conflicto%20trabajo-familia%20o%20doble%20presencia%20como%20riesgo%20psicosocial%20Evaluaci%C3%B3n%20y%20medidas%20preventivas.pdf/04b1945e-9eea-1126-7efc-512fcfccde4a
Fonte da imaxe: https://www.freepik.es/
Actividade de aula nos módulos de EIE: Realización do Canvas do Modelo de Negocio dende a perspectiva de xénero (meses de outubro a marzo) .
Recursos:
Obradoiro para a realización do Canvas do Modelo de Negocio dende a perspectiva de xénero.
Canvas Modelo de Negocio dende a perspectiva de xénero: https://insulacoworking.es/wp-content/uploads/2017/05/Canvas-ESS-feminista.pdf
Video: "Innovatia 8.3: Lienzo CANVAS con perspectiva de género", https://youtu.be/-WK_y28R8N4?si=rM59tmX_VDzj-kDn
Realización de actividade na aula para o Módulo de FOL sobre: O Plan de IGUALDADE (meses de outubro a maio) .
Recursos:
Guía Práctica para elaborar un Plan de Igualdade, https://industria.ccoo.es/81c50fcb3ddd08ac800117eb263e481a000060.pdf
Plan de Igualdade de Cobser Consulting, ttps://cobser.es/wp-content/uploads/2016/04/PlanIgualdad_CobserConsulting_12112013.pdf.
Plan de Igualdade de HP, https://comite70bcn.org/wp-content/uploads/files/Plan%20Igualdad%202017-2020%20(firmado).pdf
Plan de igualdade de EIIT, https://www.eiit.com/wp-content/uploads/2022/03/PLAN-DE-IGUALDAD.pdf
Plan de Igualdade do SERGAS, https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Documents/10087/I%20Plan%20Igualdade%20V13%20DEFINITIVO.pdf
Plan de Igualdade de VIVANTA (clínica dental), https://sanidad.ccoo.es/a47af7547e2543e31107e01f4c07fa21000058.pdf
Plan de Igualdade de EPES (Emerxencias Sanitarias), http://www.epes.es/wp-content/uploads/Plan_Igualdad_EPES.pdf
Plan de Igualdade de BIDAFARMA, https://www.ugt-sp.es/images/PLAN_IGUALDAD_BIDAFARMA.pdf.
Plan de Igualdade de CerTest BIOTEC, https://www.certest.es/wp-content/uploads/2022/02/Plan-de-igualdad-2021.pdf
Plan de Igualdade Pfizer, https://www.pfizer.es/files/Plan-Igualdad-Pfizer-2022-2026.pdf
Plan de Igualdade do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO): https://www.cnio.es/downloads/mujeres-y-ciencia/Plan-de-Igualdad-CNIO-2019.pdf
Plan de Igualdade IKEA, https://www.ccoo-servicios.es/archivos/plan-igualdad-ikea.pdf
Plan de Igualdade Zara, https://www.ccoo-servicios.es/archivos/zara/planigualdadZARA.pdf.
Plan de Igualdade Mercadona, https://info.mercadona.es/document/es/convenio-de-mercadona-0.pdf.
Plan de Igualdade de Elecnor, https://www.elecnor.com/storage/media/files/shares/Responsabilidad_Corporativa/plan-igualdad-2021-es.pdf
Plan de igualdade de AIMPLAS, https://www.aimplas.es/wp-content/uploads/2023/03/IV-Plan-Igualdad-2023-2027-AIMPLAS.pdf
Actividade na aula: Protocolo de actuación na atención a vítimas de violencia de xénero no servizo de urxencias (Módulos: Módulo de PSAPP, módulo de TBE, módulo de FOL do CFGM de coidados auxiliares de enfermería, CAE e módulo APSE no CFGM de emerxencias sanitarias ES ).
A actividade centrouse no protocolo de atención a seguir no caso da entrada dunha muller vítima de violencia de xénero no servizo de urxencias.
Para isto, no módulo de PSAPP fíxose unha pequena introdución teórica sobre en que consiste a violencia de xénero coa visualización dun pequeno vídeo. A continuación visualizouse un protocolo do SERGAS sobre a atención de vítimas de violencia de xénero no servizo de urxencias e, con esas indicacións, propúxose a realización dun xogo de roles por parellas, facendo unha persoa de vítima e a outra de persoal sanitario centrándose principalmente no aspecto de manter un ambiente respectuoso, íntimo e cómodo para a vítima.
A continuación, tomando como punto de partida o que se traballou no módulo de PSAPP, no módulo de TBE abordouse a importancia do papel do persoal de enfermería na atención ás vítimas de violencia de xénero tanto na atención en urxencias como no ingreso hospitalario. Para iso comezouse vendo un vídeo introdutorio, e a continuación analizouse o procedemento do SERGAS para a protección das vítimas da violencia de xénero nos centros sanitarios. Finalmente realizouse un pequeno debate con propostas para mellorar o protocolo e tamén a formación en violencia de xénero dos/as TECAE.
No módulo de FOL (2º Trimestre) traballáronse os dereitos laborais das persoas vítimas de violencia de xénero.
No 3º Trimestre no módulo de Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia o alumnado creou carteis, resolveu supostos e debatiu sobre a atención a vítimas de violencia de xénero.
Carteis realizados polo alumnado de 1º do CFGM de Emerxencias Santiarias (ES)
Lectura do libro Invisible, de no Club de lectura do CIFP A Carballeira "Leretanto" 14/11/2023.
Invisible, cuarta novela publicada por Eloy Montero (Castelló, 1976) trata o tema do acoso escolar, encarnado na figura dun neno serio e estudioso, vítima das agresións do matón da súa clase, un inveterado repetidor de curso. A actitude indiferente con que profesores e compañeiros de aula asisten á violencia que sofre o protagonista e que este oculta aos seus pais, acaba por convencerlle de que se volveu invisible.
Obradoiros: A Violencia de Xénero no Contexto Dixital. 23/11/2023
Dous obradoiros foron impartidos por June Pereiro de PantallasAmigas o día 23/11/2023, sobre as diferentes formas nas que se expresa a violencia de xénero no contexto dixital. Ademais da ciberviolencia de xénero, tamén se trataron outras formas nas que a violencia se manifesta na rede, tales como grooming, sextorsión ou ciberbullying, así como os riscos que implica o sexting.
Participaron nestes obradoiros alumnado das familias profesionais de Sanidade e Informática (79 participantes en total).
Charla A Violencia de Xénero e o Sexismo na Publicidade. 24/11/2023
O día 24/11/2023 a ponente Ana Otero fixo reflexionar aos asistentes sobre os estereotipos que consolida a publicidade, as súas mensaxes e os modelos de mulleres e homes que potencia na sociedade son asumidos polas persoas, ás veces de xeito inconsciente.
Asistiron 149 persoas dos Ciclos Formativos das Familias Profesionais de Sanidade, Informática e Química.
Recurso Complementario: https://www.coruna.gal/descarga/1382491128326/PUBLICIDADE_SEXISMO.pdf
Concurso Lentes Violetas 24/11/2023
BASES DO CONCURSO
1. Facr unha foto cunhas lentes violetas.
2. Acompañar a foto dun texto para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
3. Subir a foto ao teu instagram cos cancelos #25NCIFPACarballeira #NonÁViolenciaMachista antes das10:00 h do venres día 24 de novembro.
4. Etiquetar o CIFP A Carballeira na publicación.
Sorteo dun cheque regalo de 30 euros entre o alumnado do centro. Valorouse a foto e o texto máis orixinal.
Tamén era posible participar coa foto na elaboración dun mural que se exhibiu no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel.
Fonte Imaxe Propia: Entrada do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Árbore dos desexos de respecto e igualdade con frases de respecto e igualdade escritas polo alumnado do CIFP A Carballeira.
Elaborado por alumnado dos módulos de EIE, FOL, CCSSI, CCSSII, LPI Portuguesa, LE Inglesa, Familia Profesional de Informática, Sanidade, Química e Seguridade e Medioambiente.
Lectura de Manifiesto con Frases contra a Violencia de Xénero 24/11/2023
O alumnado de 1º do CFGS ASIIR e CFGS DAW leu un manifiesto con frases contra a violencia de xénero en diferentes aulas da Familia Profesional de Informática, Sanidade e Química.
O alumnado escolleu diferentes frases contra a Violencia de Xénero e fixo unha reflexión sobre as mesmas que compartiu co resto de alumnado de outros grupos.
Debuxo elaborado por alumnado de 1º do CFGS Dietética.
Vídeo grabado, producido e editado por alumnado de 1º do CFGS Dietética.: https://youtu.be/R0Z_dIBZRSc
Imaxe gráfica: Na imaxe xurde a persoa maltratada de entre as sombras da violencia así como diferentes tipos de manifestación da mesma xunto ao lema “Non deixes que o maltrato quede na sombra”. Deste modo quérese reflectir que é preciso pór o foco no maltrato como primeiro paso primordial para a súa erradicación.
Vídeo: Con esta peza gráfica quérese contrastar unha relación de parella na que existe violencia de xénero, cuxas escenas aparecen en branco e negro, e unha relación de parella na que non existe violencia de xénero cuxas escenas aparecen en cor. A finalidade desta peza é pór o foco na violencia “normalizada” en moitas relacións de parella da nosa sociedade e concretamente da nosa mocidade.
Fonte Imaxe propia: Biblioteca do CIFP A Carballeira -Marcos Valcárcel.
Obradoiro contra a Violencia de Xènero 19/12/2023
30 alumnos e alumnas de 1º e 2º FP Básica e 4 alumnos/as de 2º QSA participaron en diversas dinámicas para reflexionar sobre a Violencia de Xénero e a necesidade da súa erradicación.
O obradoiro foi impartido por Joshua de Dinàmicas Xènero Educa o obradoiro impartido a alumnado de 1° e 2° Curso de FP Bàsica contra a Violenia de Xènero.
Lectura do libro Cobiza, de no Club de lectura do CIFP A Carballeira "Leretanto" 19/12/2024
Cobiza, é unha novela de María Reimóndez que ofrece unha novedosa reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta.
Obradoiro en língua portuguesa: Biodança e Formação com Perspectiva de Gênero e Feminista.
O grupo Carbaiguais quere agradecer a Mari Fidalgo e á Cooperativa Mari Xeraccion Coop. S. Galega, o obradoiro en portugués impartido de Biodança e Formação com Perspectiva de Gênero e Feminista o día 18/01/2024 de 16:30h a 18:30h.
Nesta formación participaron 24 alumnos e alumnas das familias profesionais de sanitaria e informática.
A finalidade da actividade era xerar o benestar das persoas participantes a través do autocoñecemento e da conexión coa comunidade. O bo trato xera pracer, vitalidade e alegría. Sementa umha cultura relacional ética e alimenta un paradigma cultural baseado na equidade, confianza, empatía, ternura, cooperación e sentido de comunidade.
A través de diversas dinámicas con diferentes agrupamentos o alumnado tivo ocasión de experimentar diferentes mostras afectivas entre as persoas unido ao movemento acompañado por música brasileira.
A ponente introduciu a actividade cunha formación sobre a cooperativa e a importancia do bo trato entre as persoas en todas as súas relacións.
Os participantes tiveron tamén oportunidade de presentarse e compartir os seus intereses respecto a biodanza e o benestar físico e mental.
Obradoiro: A Violencia Machista nas Relacións de Parella na Mocidade.
O grupo Carbaiguais quere agradecer a María Angélica Mercado Torres, especialista en estudios de xénero e políticas de Igualdade o obradoiro A Violencia Machista nas Relacións de Parella na Mocidade impartido o día 22/01/2024 8:45h ás 10:15h.
Neste obradoiro o alumnado de 2º de FP Básica de Informática de Oficina, 1º do CFGM CAE e 1º CFGS HIBU tivo ocasión de analizar as relacións de parella tendo en conta elementos como a comunicación, límites e axentes implicados. O alumnado participou en diferentes dinámicas que incentivaban a reflexión, autocoñecemento e autoavaliación das relacións afectivo-sexuais.
Ademais, o alumnado tivo ocasión de falar persoalmente coa relatora para resolver dúbidas persoais.
Dende Carbaiguais queremos manifestar o noso agradecemento a Estíbaliz Veiga, Bernardino Martínez e Xosé Leis pola magnífica posta en escena da obra Teatral Mozas nas Redes, un espectáculo teatral unipersoal onde a actriz Estíbaliz Veiga incorporou a catro mozas adolescentes de diferentes estratos sociais, con diferentes aptitudes académicas e con distintas situacións familiares. Cada unha delas foi forzada a facer algo que non quería a través do móbil ou ordenador. Todas elas relacionábanse con figuras masculinas que aparecen como voces en off. Intercalada con cada episodio presentábase unha TikToker quen, usando o baile e a música pegadiza, divulgaba palabras claves que pretendían levar á reflexión sobre se debían ser rexeitadas ou engadidas nas nosas comunicacións online.
Como público contamos co alumnado de FP Básica de 1º e 2º curso, CFGM SMR 2º curso, CFGS LABIOM, CFGS LACC, CFGS 2º HIBU, e CFGS 2º DIET.
Imaxe Propia Salón de Actos CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Imaxe Propia Salón de Actos CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Imaxe Propia Salón de Actos CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Imaxe Propia Salón de Actos CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Imaxe Propia Salón de Actos CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Charla de sensibilización. “A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”
Nesta charla o alumnado de 1º e 2º de HIBU e 1º DIET tivo ocasión de coñecer a labor da Asociación Amaranta coas vítimas da explotación sexual en toda España e máis concretamente en Ourense. O grupo Carbaiguais quere expresar o seu agradecemento a Violeta e Clara, así como ao resto de persoas que conforman a Asociación Amaranta, por esta charla e pola súa contribución para mellorar a vida das persoas. Charla a cargo da Asociación Amaranta que tivo lugar o 07/03/2024 de 12:00-13:30h.
Concurso carteis 8M durante o mes de febreiro
Organizado por uha persoa que forma parte do grupo de Carbaiguais.
Currículos 3D de mulleres importantes na ciencia
Curriculums Vitae 3D de Mulleres destacadas no seu sector profesional
Realizados polo alumnado dos módulos de FOL , EIE, LPII Portuguesa de 1º de CFGS DAW, 1º CFGS ASIR, 2º CFGS HIBU, 2º CFGS ASIR, e 2º CFGSQSA
Obradoiro sobre mulleres emprendedoras destacadas no seu sector profesional
Realizados pola coordinación de emprendmento no viveiro de empresa.
Alumnado 1º FP Básica de Informática de Oficina
Exposición “ Á violencia de xénero... Dille Non! do 16/04/2024 ao 06/05/2024.
O alumnado de 1º CFGM SMR e 1º FPBásica realizaron unha actividade relacionada cos carteis escollendo o que máis lle impactou e resumindo nunha fraxe a mensaxe transmitida no cartel escollido.
Despois fíxose unha posta en común co resto de participantes na actividade.
Exposición “ Á violencia de xénero... Dille Non!
Exposición gañadora do concurso Letras Galegas 2024 modalidade B CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel. Luísa Villalta escritora feminista.
O equipo Carbaiguais gañou o concurso das Letras Galegas 2024 adicado a Luísa Villalta.
Aquí podedes ver vídeos de YouTube con poemas de Luísa Villalta, a guía didáctica e os carteis, marcapáxinas e a regra.
Luísa Villalta foi unha escritora, violinista, docente e activista social que loitou pola liberdade, a cultura galega e polo apoderamento das mulleres.
O feminismo percorreu toda a súa obra, pero destacan dous ensaios onde tratou explicitamente a cuestión da literatura escrita por mulleres: un artigo titulado «Mulleres si, pero...», publicado en 1994, en Festa da palabra silenciada, e mais o ensaio «Por que os homes non nos len?», do 2003, inserido nun libro colectivo coordinado por Belén Fortes e titulado Escrita e mulleres. Luísa Villalta avogou un «igualitarismo democrático entre homes e mulleres» porque implicaría unha fórmula branda de revolución ao non atentar contra a supervivencia material e biolóxica da sociedade.
A guía didáctica contén actividades multidisciplinares e transversais que permiten o traballo das mesmas en diferentes materias e módulos.
Na elaboración da mesma contribuiu tamén o alumnado das diferentes familias profesionais do CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel: Familia Profesional de Informática, Sanidade, Química e Seguridade e Medioambiente.
Carteis de secundaria. Formato PDF. 5 MB
Guía de secundaria. Formato PDF. 2 MB
Carteis de secundaria xeral. Formato PDF. 2 MB
Marcapáxinas de secundaria. Formato PDF. 974 KB
Regra de secundaria. Formato PDF. 509 KB
Alumnado 1º CFGS ASIR
Obradoiro impresión 3D
Marcapáxinas Luísa Villalta
Impresora 3D
Acto entrega premio exposición Letras Galegas
Carteis gañadores Exposición Letras Galegas
Entrega do premio exposición Letras Galegas
Lectura do libro No me cuentes cuentos, de no Club de lectura do CIFP A Carballeira "Leretanto" 21/05/2024.
Sandra Sabatés e Judit Creuhet adaptan a novela gráfica unha selección das desgarradoras historias de ""Non cóntesme contos"" neste cómic que, ademais, inclúe un relato completamente inédito.
Todas coincidimos en que son relatos moi duros pero que reflicten a triste realidade do noso día a día: violencia sexual, machismo, violencia de xénero, tráfico de mulleres, e un longo etcétera...
Obradoiro Relacións de Parella. Plan Proxecta 365 Días de Respecto e Igualdade 22/05/2024
Obradoiro reallizado co alumnado de 1º do CFGS de Dietética impartido pola alumna en prácticas Noelia .
O alumnado realizou diferentes dinámicas para afondar sobre as temáticas relativas ás relacións de parella.
Imaxe Propia Salón de Actos CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel
Actividade de aula: Análise da convivencia escolar dende o prisma da igualdade 03/05/2024
O alumnado de 1º CFGMSMR escolleu a noticia polo seu chamativo titular e pola súa vinculación ao alumnado de educación secundaria. Ao ler o titular o alumnado formulou diversas preguntas que despois foron contestando á medida que iban lendo a noticia.
Por último, o alumnado reflexionou sobre a importancia de coñecer as diversas situacións vividas pola mocidade e na sociedade para poder ter unha visión global da realidade e poder exercer os seus dereitos cívicos nun futuro.
Título da noticia: <<Os institutos galegos non son lugares seguros para o alumnado LGTB>>, La Voz de Galicia. Estrella Ramil (investigadora social) e Mónica P. Vilar . (Páx. 7)
Alumnado de 1º CFGM SMR durante o desenvolvemento da actividade.
Memoria das actividades desenvolvidas para o Plan Proxecta+: Por 365 días de respecto e igualdade polo grupo Carbaiguais durante o curso escolar 2023/24 no CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel en Ourense.
Moitas grazas a toda a nosa comunidade educativa e a todas as persoas colaboradoras que fixeron posible o desenvolvemento deste proxecto.
Sites creada por Nuria Regina Fortes Pintos