Educación por proxectos.

 "Xuntos en Camiño"

Todas as Claves da Aprendizaxe por Proxectos teñen sentido cando as aprendizaxes materialízanse en accións reais nas que o aprendido é esencial e necesario.

  

Trasladar o proceso de ensino – aprendizaxe máis aló das catro paredes dunha aula. 

Colocar ao alumnado no centro de actuación educativa. 

A Aprendizaxe baseada en proxectos propón unha metodoloxía interdisciplinar na que a proposta supoña unha estreita colaboración docente. Que haxa un produto final que os alumnos teñan que desenvolver para aprender ou para aplicar o aprendido Que os alumnos o aborden en grupo cooperativos ou en equipos áxiles Que inclúa metodoloxías activas (rutinas, destrezas, Visual Thinking, estruturas cooperativas, gamificación, investigación, metodoloxías áxiles, etc…) Que permita que os alumnos aprendan e comprendan os contidos íntegros do currículo oficial Que adestre as competencias de modo concreto a partir de desempeños competenciais Que se centre no desenvolvemento das funcións executivas Que abunde en momentos de metacognición, autoavaliación e coevaluación que, a través dun porfolio, faciliten a avaliación procesual por parte do alumno Que propicie unha cualificación de contidos e competencias baseada na recollida rigorosa de evidencias no porfolio de aprendizaxe.