Aprendizaxe por proxectos.
Estas estratexias de ensino constitúen un modelo de aprendizaxe auténtica, no que os estudantes planean, implementan e avalían proxectos que teñen aplicación no mundo real máis aló da aula de clase.
"Xuntos en camiño"
Hai dúas semanas comezabamos o novo proxecto do curso. Como sempre e en todos os cursos de secundaria, levamos a cabo o desafío inicial para descubrir a súa temática. Cando falamos de metodoloxías activas, de fomentar as competencias e dun ensino activo no que o alumno sexa o protagonista aí está o noso Colexio, cunha aprendizaxe por proxectos, onde supón que os alumnos deben resolver situacións, retos ou responder a preguntas, a través dos seus coñecementos, recursos, investigación, reflexión e cooperación activa.
Como docentes vemos a necesidade de dotar ao noso alumnado de recursos que lles permitan lograr unha aprendizaxe significativa e profunda. Para iso é fundamental poñelos no centro do proceso de ensino-aprendizaxe, así como proporcionarlles escenarios adecuados para o adestramento das habilidades necesarias para poder adaptarse a un futuro incerto e cambiante. Neste curso darase resposta a todas estas cuestións de forma pormenorizada e rigorosa. A través da reflexión e de pasos concretos, poderás esbozar un proxecto motivador para levar a cabo na aula. Reflexionar sobre a necesidade de aplicar os contidos curriculares á vida real do alumnado. Profundar na aprendizaxe competencial. Descubrir como adestrar as habilidades sociais mediante a aprendizaxe cooperativa dentro dos proxectos. Trasladar o proceso de ensino – aprendizaxe máis aló das catro paredes dunha aula. Colocar ao alumnado no centro de actuación educativa. Promover o deseño de proxectos que permitan unha aprendizaxe global onde as diferentes materias conflúan.