Proxecto de 1º de ESO: "Todos os camiños conducen a Roma".
Metacognición inicial.
Neste trimestre, o noso proxecto educativo xirou arredor de catro grandes ideas que nos convidan a pensar, actuar e transformar: Alea Iacta est – Cogito, ergo sum – Audere est facere – Fortuna iuvat audaces. A través destas máximas, preguntámonos: A sorte está votada? Penso, logo existo? Querer é poder? A fortuna favorece os valentes?
Nas distintas materias traballamos as competencias axiolóxicas, desenvolvendo valores fundamentais:
Socio-cívicas: recoñecemos o valor único de cada persoa e fomentamos o sentido de comunidade.
Dixitais: buscamos e seleccionamos información con criterio, empregando diversas estratexias.
Aprender a aprender: comparamos e contrastamos distintas realidades para ampliar a nosa comprensión.
Emprendemento: analizamos situacións valorando as posibilidades de mellora.
Artística: prestamos atención ao sentido estético nas nosas creacións.
Lingüística: expresámonos oralmente con claridade, iniciando, mantendo e rematando conversas.
Matemático-científicas: aplicamos estratexias diversas para resolver problemas.
Este proxecto anímanos a ser valentes, críticos e creativos, conscientes de que cada decisión conta e cada paso pode marcar a diferenza.
Proxecto de 2º e 3º de ESO. "Cando os números falan": Que é e para que sirve a estatística?
Este trimestre nas materias de Bioloxía, Matemáticas,Física e Química, Tecnoloxía e dixitalización, Francés, Educación Física, e Plástica, mediante a coreografía de gráficas, xogos de probabilidade feitos en tecnoloxía (campá de gauss con garavanzos e cravos), entre outros, vaise mostrar o estudo estatístico que realizamos nunha presentación de canva.
Desafío Inicial. SITUACIÓN DE APRENDIZAXE: Charla do programa A Ponte sobre estatística. Montar na clase unha cama, costureiro, limpiacristales e pano, escoba e recolledor…