MAPA DO MUNDO MAPA DE ÁFRICA MAPA DE EXIPTO
Exipto encóntrase no extremo nordés de África e forma parte do occidente de Asia (península do Sinaí); limita ao norte co mar Mediterráneo, ao leste co mar Vermello e Israel, ao sur con Sudán e ao oeste con Libia.
É atravesado de sur a norte polo rio Nilo, que desemboca no mar Mediterráneo.
O deserto cobre máis do 90% de Exipto. Os exipcios vivían a beiras do río Nilo ou xunto ás canles.Cada ano o Nilo desbordaba e inundaba os campos situados ás súas beiras e fertilizábaos, xerando excedentes de alimento.Para unha civilización agrícola como a Exipcia o Nilo era de vital importancia. Ademais era utilizado como vía de comunicación. O país estaba dividido en dous: o Alto Exipto, ao sur e o Baixo Exipto, ao norte, na desembocadura do Nilo en forma de delta.