Exipto é un gran deserto (onde hai moita area, case nunca chove, hai palmeiras, camelos e dromedarios) e o río Nilo, que está cheo de crocodilos, atravesa este deserto.
Hai miles de anos era a terra dos faraóns. Os faraóns eran os reis de Exipto. Sabemos como foron porque existen pinturas e esculturas.
Exipto é a terra das pirámides. É o único lugar do mundo onde existen. Mandáronas construír os faraóns e son tumbas moi grandes. Tardaron moitos anos en construílas porque están feitas pedra sobre pedra. As pedras traíanas en barcas polo Nilo e como pesaban moito transportábanas sobre madeiros de árbores. Aínda que por fóra son moi sinxelas, por dentro están cheas de escaleiras, pasadizos secretos e labirintos. As máis famosas son as de Keops, Kefrén e Micerino. A de Kefrén ten unha estatua coa cabeza de persoa e o corpo de león.
WEBQUEST PARA O 2º CICLO DE PRIMARIA