CLICA NA IMAXE
As pirámides constituían as tumbas máis fastuosas e impoñentes que se construíron na historia. As pirámides de Exipto son, de todos os vestixios que nos legaron os exipcios da Antigüidade, os máis portentosos e emblemáticos monumentos desta civilización, e, en particular as tres grandes pirámides de Guiza, as tumbas ou cenotafios dos faraóns Keops, Kefrén e Micerino, cuxa construción se remonta, para a gran maioría de estudosos, ao período denominado Imperio Antigo de Exipto. A Gran Pirámide de Guiza, construída por Keops (Jufu), é unha das sete Marabillas do Mundo.