Acta y estatutos de la Asociación estudiantil Santiago Trading de la Universidad de Santiago de Compostela

ASOCIACIÓN ESTUDANTIL SANTIAGO TRADING DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


PRESENTACION

A Asociación Santiago Trading da USC foi creada o 30 de Xaneiro 2006 por  alumnos da Facultad de Economicas da Universidad de Santiago de Compostela. Seus fins entre outros son a participación e a formación teorica e práctica dos estudantes, mediante a realización de cursos, congresos, seminarios e outras actividades.


ACTA FUNDACIONAL

Na cidade de Santiago de Compostela a 30 de Xaneiro de dous mil seis, reúnense os abaixo firmantesque se adxuntan na relación de socios.

Todos maiores de idade e actuando en nome propio, para os efectos de constituír unha asociación estudantil.

Deseguido, os reunidos teñen un amplo cambio de impresións respecto á idea de constituír unhaasociación que estará domiciliada nesta cidade e que terá por obxecto a representación dos estudantesde primeiro, segundo e terceiro ciclo. Inmediatamente, os reunidos examinan un texto de Estatutos quepasan a discutir.

E tras breve deliberación, por unanimidade adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro: constituír na cidade de Santiago de Compostela una asociación que se denominaráAsociación Santiago Tradinge que terá como fins o seguinte:

1º) Conseguir a participación estudantil nas actividades propostas

2º) Promover a formación practica e teorica dos estudantes

3º) Ofrecer actividades formativas e informativas, cursos, congresos, seminarios, foros.

4º) Facer a publicidade e xestión das actividades.

5º) Defender os intereses dos estudantes

6º) Organizar as distintas actividades.

7º) Representar aos estudantes nos Órganos de Goberno da usc

Segundo: aprobar os Estatutos sociais polos que se rexerán, que foron lidos na presente reunión, e aosque se lles incorporaron as modificacións acordadas. Desta reunión resulta un texto de catro capítulos,agrupados en trinta e un artigos.

Terceiro: Facultar a Don Jose Pereira Cabezuelo que presidiu esta xuntanza para que, en nome erepresentación dos fundadores e namentras non se elixa Presidente/a da Asociación, subscriba osescritos e realice cantas xestións sexan necesarias ou convenientes ao seu xuízo para obter dasautoridades competentes a inscrición da Asociación que se constitúe nos Rexistros correspondentes.

E non habendo máis asuntos de que tratar se levanta esta sesión, da que se estende a presente actafundacional que é asinada en sinal de aprobación, por tódolos asistentes.


ESTATUTOS


CAPÍTULO PRIMEIRO

DA ASOCIACIÓN EN XERAL


Artigo 1º.- Constitúese na cidade de Santiago unha asociación de estudantes que

se denominará " Asociación Santiago Trading.", e que se rexerá pola Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo reguladora do Dereito de Asociación, pola Lei 6/2001, de 21 de decembro de Universidades, polos Estatutos da Universidade de Santiago e as súas normas de desenvolvemento e polos presentes estatutos.

Artigo 2º.- Son fins da Asociación a formación dos socios e do estudantado en xeral nos mercados financeiros, economía, finanzas temas de actualizade e de interese para o estudiantado, a difusión de información entre o estudantado e a publicidade das actividades, cursos e congresos realizados dende a asociación.

Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar as seguintes actividades:

1- Organizar cursos, congresos e actividades de formación.

2- Procurar a formación práctica do estudantado.

3.- Representar ao estudantado nos organos de goberno da USC.

Artigo 3º.- O domicilio principal da Asociación radicará na cidade de Santiago de

Compostela Fac. de CC. Economicas e Empresariais Avd. Burgo das Nacions s/n

Poderán ser creados locais sociais noutras cidades mediante acordó da xunta directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ao Organismo encargado do Rexistro.

Artigo 4º.- A Asociación desenvolverá as súas actividades no ámbito da

Comunidade Autónoma de Galicia, terá duración indefinida e só se disolverá por acordó da asemblea xeral extraordinaria ou por calquera das causas previstas nas leis.

Artigo 5º.- A xunta directiva será o órgano competente para interpretar os preceptos contidos nestes Estatutos e cubrir as súas lagoas, sempre someténdose á normativa legal vixente en materia de asociacións.

Os presentes Estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante os acordos que validamente adopten a xunta directiva e a asemblea xeral, dentro da súa respectiva competencia.

CAPITULO II

DOS ORGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN

Artigo 6º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo presidente, a xunta directiva e a asemblea xeral.

Artigo 7º.- O presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e

executará os acordos adoptados pola xunta directiva e a asemblea xeral, presidindo as

sesións que celebren unha e outra.

O presidente será designado pola asemblea xeral entre os socios.

Artigo 8º.- A xunta directiva estará formada por un presidente, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e a lo menos un vogal.

Artigo 9º.- Os cargos que compoñen a xunta directiva serán gratuítos, elixiranse

pola asemblea xeral e durarán un período de 1 ano aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola

xunta directiva, que acordará ademais a súa retribución.

Artigo 10.- É función da xunta directiva programar e dirixir as actividades sociais e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da asemblea xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

Artigo 11.- A xunta directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o presidente ou o vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus

compoñentes. Será presidida polo presidente e, na súa ausencia, polo vicepresidente ou o secretario, por este orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis

idade.

Para que os acordos da xunta directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola

maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis

dos seus membros. Das sesións o secretario ou, no seu defecto, o vicepresidente

levantará acta, que se transcribirá ao libro de actas.

Artigo 12.- Os membros da xunta directiva presidirán as comisións que a propia

xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou

actividades, ou de acadar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte,

ademais, das ditas comisións o número de vogais que acorde a xunta directiva, a

proposta dos seus respectivos presidentes.

Cando as necesidades o aconsellen, a xunta directiva poderá acordar que as

comisións se desdobren en subcomisións.

Artigo 13.- O presidente da xunta directiva terá, ademais das facultades consignadas

no artigo 7º, as seguintes atribucións:

a) Convocar e levantar as sesións que celebre a xunta directiva e a asemblea xeral,

dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de

empate.

b) Propoñer o plan de actividades da asociación á xunta directiva, impulsando e

dirixindo as súas tarefas.

c) Ordenar os pagamentos acordados validamente.

O presidente será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que, ademais,

substituirao nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 14.- O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro

e o libro de rexistro de socios e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade.

Artigo 15.- O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, dirixirá a

contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos

sociais.

O tesoureiro formalizará o orzamento anual dos ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior que deben ser presentados á xunta directiva para que esta, a súa vez, os someta á aprobación da asemblea xeral.

Artigo 16.- Cada un dos compoñentes da xunta directiva terá os deberes propios do

seu cargo, así como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia xunta lles encomende.

Incumbirá de maneira concreta ao secretario velar polo cumprimento das disposicións

legais vixentes en materia de asociacións, custodiando a documentación oficial da

Entidade e facendo que se cursen ao Organismo encargado as comunicacións sobre designación da xunta directiva, celebración de asembleas xerais, cambios de domicilios, formalización de estado de contas e aprobación dos orzamentos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondentes ao ano anterior.

Artigo 17.- A asemblea xeral, integrada por todos os socios, é o órgano supremo da

Asociación e se reunirá sempre que o acorde a xunta directiva, por propia iniciativa ou porque o solicite a décima parte dos socios.

Obrigatoriamente a asemblea xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria, una vez ao ano, dentro do mes de xaneiro, para aprobar o plan xeral de actuación da

Asociación, censurar a xestión da xunta directiva, aprobar, de ser o caso, os orzamentos

anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondete ao ano anterior.

Artigo 18.- A asemblea xeral reunirase en sesión extraordinaria cando o esixan as

disposicións vixentes ou así o acorde a xunta directiva, en atención aos asuntos que deben tratarse, e, en todo caso, para coñecer as seguintes materias: disposición ou

alleamento de bens, nomeamento da xunta directiva, solicitude da declaración de

utilidade pública, modificación de Estatutos e disolución da Asociación.

Artigo 19.- As convocatorias das asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, faranse por escrito, expresando o lugar, data e hora da xuntanza, así como a orde do día. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da

asemblea xeral en primeira convocatoria haberán de mediar, polo menos, quince días,

podendo, así mesmo, facer constar a data na que, se procedera, reunirase a asemblea

xeral en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra xuntanza poida mediar un

prazo inferior a vintecatro horas. No suposto de que non se previra no anuncia a data da segunda convocatoria deberá ser esta data con oito días de antelación á data da

xuntanza.

Artigo 20.- As asembleas xerais, tanto ordinarias, como extraordinarias, quedarán

validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a elas, presentes ou representados, a maioría dos asociados, e, en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados concorrentes.

Artigo 21.- Os acordos das asembleas xerais adoptaranse por maioría de votos. Non

obstante será necesario o voto favorable das dúas terceiras partes dos asociados, presentes ou representados, para adoptar acordos en asemblea xeral extraordinaria sobre disposición ou alienación de bens, nomeamento de xuntas directivas, solicitude de declaración de utilidade pública, modificación de Estatutos e disolución da asociación.

CAPITULO III

DOS SOCIOS: OS SEUS DEREITOS E DEBERES

Artigo 22.- Poderán ser membros da Asociación as persoas maiores de idade que

dalgunha maneira teñan interese en servir aos fins da mesma e sexan admitidas pola

xunta directiva, que poderá outorgar o nomeamento de membro honorario ás persoas que estime oportuno, a título meramente honorífico, sen que isto leve consigo a condición xurídica de socio.

Artigo 23.- Quen desexen pertencer á Asociación solicitarallo por escrito ao presidente, que dará conta á xunta directiva, quen resolverá sobre a admisión ou inadmisión do socio, sen ningún recurso contra o seu acordo.

Non se adquire a condición de socio mentres non se satisfaga a cota de entrada na contía e forma que estableza a xunta directiva.

O listaxe completo de socios publicarase na zona privada da web da Asociación

Artigo 24.- Os socios poderán solicitar a súa baixa na Asociación voluntariamente, pero isto no lles eximirá de satisfacer as obrigas que teñan pendentes para con ela.

A xunta directiva poderá separar da Asociación a aqueles socios que cometan actos que os fagan indignos de seguir pertencendo á mesma. A separación será precedida de expedientes no que deberá ser oído o interesado, e contra o acordo da xunta directiva caberá recurso perante a primeira asemblea xeral que se celebre.

Artigo 25.- Os membros da Asociación terán os seguintes dereitos:

a) Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organice para todos os socios.

b) Exercitar o dereito de voz e voto nas asembleas xerais.

c) Ser nomeado membro da xunta directiva na forma que prevén estes Estatutos.

d) Posuír un exemplar destes Estatutos e ter coñecemento dos acordos adoitados polos órganos directivos.

e) Que se lles poña de manifesto o estado de contas dos ingresos e gastos da Asociación todos os anos.

Artigo 26.- Serán obrigacións de todos os socios:

a) Acatar os presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola asemblea

xeral e pola xunta directiva.

b) Aboar as cotas de entrada e as periódicas que acorde a xunta directiva.

c) Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ao cargo que desempeñen.

Artigo 27.- Os socios poderán ser sancionados pola xunta directiva por infrinxir reiteradamente os presentes Estatutos ou os acordos da asemblea xeral ou da xunta directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes ata a separación definitiva da Asociación, nos termos que preve o artigo 24.


CAPÍTULO IV

DO RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 28.- A asociación carece de patrimonio ao consituirse e o limite do orzamento anual non excederá de 120.202,42 €.

Artigo 29.- Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:

a) As cotas de entrada que sinale a Xunta directiva.

b) As cotas periódicas que acorde a mesma.

c) Os produtos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subvencións, legados, doazóns que poidan recibir en forma legal.

d) Os ingresos que obteña a Asociación mediante as actividades lícitas que acorde realizar a xunta directiva, sempre dentro dos fins estatutarios.

Artigo 30.- A administración dos fondos da Asociación levarase a cabo sometida á

correspondente intervención e coa publicidade suficiente, co fin de que os socios poidan ter coñecemento periodicamente do destino dos fondos, sen prexuízo do dereito consignado a este respecto no apartado e) do artigo 25 destes Estatutos.

Artigo 31.- A aplicación do patrimonio no caso de disolución debera´ reverter en beneficio da Universidade de acordo co artigo 31 do Estatuto do Estudantado da Universidad.