O martes, 28 de abril tivemos a oportunidade de contar con dúas
CHARLAS INFORMATIVAS MOI INTERESANTES
Iván Castosa González
Roberto Pérez Páramo
A Garda Civil regresa un curso máis ás aulas, da man de Voz Natura, co obxectivo de previr os incendios forestais e concienciar aos máis novos sobre o grave dano que o lume causa nos ecosistemas.
Por cuarto ano consecutivo, os axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) desprazaronseanse para informar aos alumnos e alumnas sobre a labor que desenvolven, ofrecerlles consellos útiles sobre a prevención de incendios e aclarar calquera dúbida ou curiosidade sobre o traballo de protección medioambiental.
Os Formadores Medioambientales Alba e Jorge proporcionaron aos nosos alumnos e alumnas, dende 1º a 6º curso, moita información dentro da campaña:
“Separemos ben, Reciclaremos mellor”
patrocinada pola Xunta de Galicia e os Sistemas Integrados de Xestión de Residuos: Ecoembes, Ecopilas, Ecovidro e SOGAMA.
Estas charlas forman parte das actividades que programamos ao longo do curso para seguir traballando a reciclaxe no colexio, nas casas e nas rúas.