A Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia firmaron un convenio de colaboración para a promoción de estilos de vida saudables.
Conscientes de que é necesaria unha educación nutricional en todos os ámbitos, as tres partes implicadas no convenio decidiron poñer en marcha o concurso “DEBUXA O TEU ALMORZO”, no que se establecen dúas categorías de participación:
1) Categoría xeral: Para nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria de calquera centro educativo de Galicia durante o curso 2014-2015.
2) Categoría especial: Para usuarios/as de centros de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou desenvolvemento, radicados en Galicia.
A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014.