FESTA DO MAGOSTO NO COLEXIO

O xoves, 15 de novembro fixemos o xa tradicional MAGOSTO no noso colexio.

As nenas e nenos trouxeron un montón de castañas que Antonio e Lorenzo asaron con moito esmero e logo degustamos todos xuntos.

Logo de comer e beber fixemos 9 grupos (con nenas e nenos de diferentes cursos) para xogar ao Relevo de Castañas, Petanca, Castagolf, Castaña Cega, Mariola, Comecastañas, Pescacastañas, Castaña Dance e Laberinto.

NO SEGUINTE VÍDEO PODEMOS VER UN RESUMO DA FESTA