DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA E DA ÁRBORE

A Deputación de Lugo acaba de agasallarnos con dous libros, guía didáctica, carteis e un pequeno ameneiro para plantar.Nas aulas leranse os libros:

  • “A camiñada de Pin e Gas”. (INFANTIL)

  • “O poder da auga”. (PRIMARIA)

Nas aulas xa se están realizando moitas actividades.

Agora presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados:

  • "Verdes, Verdes" con debuxos feitos polo alumnado de 6º Infantil e cantado polo alumnado de 2º curso.

  • "TOC, TIC, TOC" con debuxos feitos polo alumnado de 5º Infantil e cantado polo alumnado de 6º de Infantil.

Logo de las Naciones Unidas

Día Internacional dos Bosques Día Mundial da Poesía

Hoxe foi un día moi especial! Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía.

Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes actividades:

  • Aprendimos a canción Árbores da fraga

  • Escollimos unha árbore do noso colexio para apadriñala

  • Aprendimos un poema para recitalo no apadriñamento

  • Realizamos murais e debuxos

Na celebración fixemos:

  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción "Árbores da fraga"

  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas

  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores.

  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo da celebración.

A continuación podemos escoitar os poemas que foron recitados nos apadriñamentos.