DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O venres, 22 de febreiro, como en anos anteriores, a partir das 12:00 horas, saímos á Praza do Chao a celebrar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), faremos:

  • Desfile con pancartas, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

MANI-FESTA-ACCIÓN

co poema que nos fala da emigración

VIUDA DOS VIVOS, VIUDA DOS MORTOS

(Do libro Folas Novas)

  • Recitado de versos de Rosalía

  • Cantaremos dúas cancións dos poemas:

PASA RÍO do libro Cantares Gallegos

VIUDA DOS VIVOS VIUDA DOS MORTOS do libro Follas Novas

VÍDEO DA CANCIÓN: "VIUDAS DOS VIVOS, VIUDAS DOS MORTOS"

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!

O lema da proposta, Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento!, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.

VÍDEO DA CELEBRACIÓN

VÍDEO do RECITAL DE POESÍA PARA ROSALÍA NA BIBLIOSOÑOS

CANCIÓNS PARA ROSALÍA NO CEIP DE CELEIRO