NO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Logo de las Naciones Unidas

Día Internacional dos Bosques Día Mundial da Poesía

Hoxe foi un día moi especial! Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía.

Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes actividades:

  • Aprendimos a canción Árbores da fraga

  • Escollimos unha árbore do noso colexio para apadriñala

  • Aprendimos un poema para recitalo no apadriñamento

  • Realizamos murais e debuxos

Na celebración fixemos:

  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción "Árbores da fraga"

  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas

  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores.

  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo da celebración.

A continuación podemos escoitar os poemas que foron recitados nos apadriñamentos.