CLASES INFORMATIVAS

Durante as dúas primeiras semanas do mes de abril recibimos a visita de Roberto Cabo, Marcos Besada e Carlos Méndez, para ofrecer ao noso alumnado información máis específica de temas relacionados co proxecto "Ao abeiro dos nosos montes".

A charla de Roberto Cabo (Enxeñeiro de Montes) para o alumnado de 5º e 6º curso estivo relacionada cos diferentes tipos de montes, a xestión económica... e a interpretación de planos como paso previo para á realización dunha maqueta que temos previsto realizar como proxecto final.

Marcos Besada (Enxeñeiro Agrícola) estivo co alumnado de Infantil e a súa charla estivo relacionada coas árbores.

Foi unha clase moi participativa pois a través de preguntas o alumnado ía dando a información aprendida nas diferentes aulas.

Descubriron que saben o nome de moitas árbores, as súas diferentes partes, aprenderon a elaborar unha ficha para ir catalogando as mesmas e ata descubriron como se pode medir unha árbore cun pequeno lapis.

A clase rematou facendo unha visita ás diferentes árbores do colexio...

Marcos ensinounos unha páxina ARBOLAPP onde podemos aprender moitas máis cousas sobre as árbores e tamén o seguinte vídeo:

Carlos Méndez (Presidente da Comunidade de Montes San Roque) estivo co alumnado de 3º e 4º curso e faloulles da xestión desta comunidade de montes, da súa historia, da extensións dos terreos que a conforman, da xestión económica, da nova zona recreativa e das diversas especies que hai nestes montes.

O alumnado de 1º e 2º curso de Primaria visitaron o pasado luns, 1 de abril, a Mina Sonia situada no Barqueiro, concello de Mañón e Provincia de A Coruña.

Foi unha experiencia moi positiva pois aprenderon moitas cousas sorprendentes para eles.

No seguinte vídeo van facendo un resumo de todo o que alí viron.

Seguindo coas actividades programadas dentro do proxecto "Ao abeiro dos nosos montes", na mañá do mércores, 10 de abril, tiveron a posibilidade de escoitar a Marcos Besada que lles aportou moita información sobre a Flora e Fauna e dos diversos ecosistemas dos montes galegos e especialmente dos de Viveiro.

Tamén lles deu información sobre como observar os rastrexos da fauna salvaxe dos nosos montes.

Ensinoulles unha páxina con moita información sobre a Fauna e Flora de Galicia

O venres, 10 de maio, tivemos a visita de Vanessa Iglesias Sánchez, nai da alumna de 2º curso, Irea vale.

Vanessa é Técnico de Medioambiente e moi amablemente veu ao noso colexio para falarnos da importancia das árbores, das súas enfermidades e plagas, da prevención de incendios, das plantas de uso mediciñal, da flora exótica invasora, das árbores senlleiras do noso entorno...

Foi unha charla moi entretida e aprendemos moitas cousas máis sobre as árbores.

Dámoslle as gracias pola súa amabilidade para co noso colexio.

MOITAS GRACIAS VANESSA!!!