DOCUMENTACIÓN-INTRODUCIÓN

TRABALLO REALIZADO NAS AULAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Situación

Viveiro está situado ao norte da provincia de Lugo e pertence á comarca da Mariña Occidental.

Limita polo norte co mar Cantábrico, ao sur cos concellos de Ourol e O Valadouro, ao lecte co concello de Xove e ao oeste co concello de O Vicedo.

Podemos ordear os Montes de Viveiro en dúas vertentes:

Montes da vertente oriental que son de relevo máis accidentado e os montes da vertente Occidental.

Na vertente oriental temos os seguintes montes: Monte Faro, Pena do Golpe, Pena Alba e monte do Chao preto de Celeiro. Monte San Roque, Penedo do Galo e Monte Maior preto de Viveiro.

Na mesma vertente pero máis alonxados atopamos o Monte Chamorro, Monte Edrade, A Sarna e os Montes do Buio co lugar do Candaoso.

Na verte oriental temos o Monte Castelo, o Monte da Silvarosa, o Coto da Silvarosa, Penido de Vieiro, Coto da Misericoria, Furcos e O Cabalo.

Celebracións:

No mirador de San Roque celébrase o 16 de agosto a Romaría en honor a San Roque, na que mozos e mozas, na madrugada, suben andando ata a ermida. A misa, a procesión do Santo e o chocolate con churros, son partes principais desta festa tradicional.

Nos Montes do Buio, no curro do Candaoso, celébrase a Rapa das Bestas, que consiste na corta da cola e das crinas dos cabalos, que se crían en estado semisalvaxe. Ten lugar o primeiro fin de semana de xullo.

No Monte Castelo ou San Martín Castelo, celébrase a finais de maio ou a primeiros de xuño a Romaría de San martín Pequeno. Nesta festa reúnense centos de persoas que suben ata o santo e pasan a xornada arredor dun bo xantar.

No Monte da Silvarosa levouse a cabo a explotación dunha mino de ferro, dende principios do século XIX e ata mediados do século XX.